Sat, 14 Jan 2023, 7:28
Post subject: Re: Bajada de precios en 2023
edito: por si acaso, que penso que cada quen cos seus cartos que faga o que mellor entenda.
Correr é barato (virtualmente coste cero), pero
ir ás carreiras populares de xeito regular é un deporte de clase media acomodada
Así que como ostentación pagamos o que corresponda e punto. Igual que "ir de viños", pillar un móbil artificialmente caro ou corenta cousas máis (cada quen temos as nosas).
Ir a dúas ou tres carreiras ao mes, entre inscricións e desprazamento, non é un gasto menor se xa vas ao día. Non digo nada se vas coa familia e comedes por alí. E xa non falo de coller o fin de semana e "facer unha escapada" para ir a unha carreira.
Dentro dese gasto o da inscrición pode que incluso non sexa o maior, pero como é "directo" faise máis evidente que por exemplo o do desprazamento.
Con ises cartos mércaslle zapatos ao fillo (un pouco de demagoxia).
Non renego do bonito de participar nas carreiras, pero hai quen temos sorte de poder decidir ir ou non pero outras persoas directamente non poden.
A parafernalia das carreiras a min supérame, certo que isto é unha tara personal. Hai moito tempo que dixen que os concellos danlle os cartos a unha empresa/clube co único obxectivo de despois aparentar "fomento do deporte" cando fan notas de prensa. Pode parecer cínico, pero é o que me parece. Di ti que tamén "fomentan o desenvolvemento económico das empresas", unha subvención como outra calquera.
Se o concello pon cartos, a carreira debería ser gratis para menores de idade, parados e xubilados
e para o resto facer unha estimación dos gastos a partir das necesidades básicas de seguridade e organización. Contratar a Terio Carrera non é unha necesidade básica (nada en contra del); a "bolsa" do corredor tampouco; a camiseta? pfff
Y de este caballo no me bajáis
Hai xente por aquí que ía ás carreiras cando pintaban unha raia do chan, poñías un folio no peito no número escrito a man e dábanche unha botella de auga na meta. Non desfrutabamos
menos que agora con chisp, hinchables, speakers (!!!), camisetas "técnicas", bolsas con chucherías e mostras de produtos, e os tempos no móbil nada máis cruzar a meta. Cousas das que unha empresa,
lexítimamente, espera obter unha plusvalía.
Se as persoas demandan (demandamos) estos servizos, pois a pagalos e a chorar a Cangas. Ou dalle dúas voltas ao parque do teu barrio picándote co cuñado o domingo pola mañán.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"