Fri, 10 Feb 2023, 12:36
Post subject: Re: X Maratón Atlántica C42
Puntualizar que o de "Creer que vamos a tener un maratón de 1000 personas es ilusorio" non o entendo, porque xa houbo edicións de máis de 1000 finishers; non sei é referido a día de hoxe...
En canto ó de abrir inscripcións con tanto tempo, está ben, pero non é suficiente. Calquera outra maratón (que eu coñeza) ten unha web propia onde se pode mirar toda a información a un ano vista, normalmente. Cando miro de ir a facer unha proba fóra, normalmente interésame saber se é asumible facer marca, por exemplo, e sen o percorrido, sen saber se é chá, homologada, etc, é complicado sabelo. Todo o que poida encarecer facer unha web, ter alguén pendente de actualizar redes e a propia web, etc, engadiríase ó precio da inscripción, que xa sabemos que non vai ser pouco, pero penso que compensaría con creces. Agora, se nin eles mesmos saben se vai saír adiante... pois como para facer plans a longo prazo. De feito, os que se apuntaron xa son uns valentes, porque van facer 42km a saber por onde.
Penso que é tan sinxelo como copiar o que funciona de outros lados; cando o fixeron, todo funcionou ben e foi un éxito. Pero claro, tamén hai que ter ganas de traballar. Se non é así, mellor que non se faga nada e non que a poñan para despois quitala.
Tamén deberíamos facer algo de autocrítica e os que somos daquí e queremos que siga habendo a proba, intentar facerlle un oco no calendario, ainda que sexa só para facer bulto. O ano pasado escoitei a algún foreiro que coñecía máis xente preparando Valencia que Coruña... Quizáis deberíamos plantexarnos se é interesante que haxa maratón en Coruña ou preferimos probar noutros lados. Ou quizáis o problema é a data, non o sei. O que teño claro é que se protestamos, despois debería cundir o exemplo. Se nos da igual, pois xa nada. Pero creo que é unha pregunta que nos deberíamos plantexar todos.