Foros ›
MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09 (CRONICA)
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3781 Posts

Reply with quote Post Wed, 28 Aug 2024, 12:34
Post subject: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09 (CRONICA)

Nova experiencia en Portugal, unha carrerira que vai facer a sua 1ª eidición, non ten páxina web, pero son moi activos nas redes sociais, eu estou atento o seu facebook.
A venden como moi chanciña, xa que é nunha fregresía de Coimbra a 15 Kms. do centro, xa fixen a inscripción hai uns dias no 2º tramo a 16 €.
Así que haberá que empezar a facer kms., que ando escaso deles.

stopandgo.net/events/m...024/prices

www.facebook.com/p/Mei...479776305/


Last edited by Kurty on Mon, 30 Sep 2024, 19:52; edited 1 time in total
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4784 Posts
K-pax
Reply with quote Post Wed, 28 Aug 2024, 13:28
Post subject: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09

Estaré pendiente como siempre para futuros viajes.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3781 Posts

Reply with quote Post Tue, 03 Sep 2024, 21:03
Post subject: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09

Ainda que faltan 7 días para o peche de inscricpción, pareceme moitísima antelación, 19 días antes da carreira, na meia maratona somos máis de 300 inscritos na media maratón e sobre 150 no 10k paralelo. Así que para ser unha primeira edición imos ser un bo número. E co dorsal 194 asignado.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3781 Posts

Reply with quote Post Fri, 20 Sep 2024, 18:55
Post subject: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09

Rematada a inscripción o día 13, aumentaron 3 días o prazo e cos listados de participantes publicados. 398 na media maratón e 208 no 10 K. Polo que ao ser a saida conxunta andaremos polos 600 corredores.
Eu esta semana fixen 2 saidas longas o luns 14'500 a 5' o K. e onte 15 saindo a media total a 4'54" ainda que os 3 primeiros foron moi suaves ca cadela a 5'17" e hoxe moi ben, polo que xa estou satisfeito, para poder correr os 21k.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3781 Posts

Reply with quote Post Mon, 30 Sep 2024, 19:52
Post subject: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09 (CRONICA)

Imos ca crónica desta experiencia en Ameal (pequena parroquia de Coimbra 1692 habitantes) . Chegada a Coimbra o venres a noitiña e o sábado de pateada visitando esta bonita cidade universitaria.
Como a carreira era a 14 K. do noso aloxamento en Coimbra, despois de levantarme cedo e almorzar nunha cafetería cercana, xa tirei cara Ameal, 75 minutos antes da carreira xa tiña estacionado no leira parking habilitado para a ocasión, 9º de temperatura neses momentos. Recollida de dorsal a 500mts. do estacionamento e volta cara o coche a facer tempo.
Cando quedaban 30 minutos para a hora de saida, prepareime e para a saida camiñano, un breve quecemento e para o meu box, cada un deles valado e cunha persoa supervisando quen entraba en cada box, ainda que non tivemos que acreditar marca.
Dan a sauda e ahí xa lucía o sol ainda que sen picar. Primeiros mts. en baixada e o pouco unha subida contrarrestada ca sua baixada máis longa e pronunciada. E xa tiramos cara o que vai a ser unha constante da media, carreira por unha estrada entre campos, sen nengunha sombra, todo un falso llano corremos así ata pasar o km 8 no que damos volta e nos atopamos outra vez co falso llano, eu moi cómodo (todos os kms. salvo o 1º por baixo de 4'50) tempo obxetivo baixar de 1h43', cando iamos de regreso sobre o km.14'5, collemos a dereita e iniciamos un novo percorrido, no que pasamos por algúns núcleos de poboación que nos proporcionaban algo de sombra. Ó paso do 17 decido aumentar o ritmo e no 18 marco o máis rápido a 4'35" os 2 seguintes a 4'38" pero xa no derradeiro km. tiñamos de subir o baixado o principio e pese a apretar vaise a 4'45". Para un crono neto de 1h40'53", para 21340 mts. que mideu o GPS. e 10 segundos máis no oficial.
Media moi, pero que moi ben organizada, xente en todos os cruces, 5 avituallamentos, sendo o do km15 líquido e tamén sólido. E pincheo despois da premiación, o que loxicamente non me quedei, xa que deixara a muller máis a filla que teño de Erasmus en Coimbra agardando por min.
Un saudo e próxima media en pouco máis de 19 días en Pontevedra.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4784 Posts
K-pax
Reply with quote Post Thu, 03 Oct 2024, 7:41
Post subject: Re: MEIA MARATONA AMEAL (COIMBRA) 29/09 (CRONICA)

Enhorabuena por la carrera amigo y gracias por la crónica como siempre.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum