Lun, 22 Dec 2008, 23:23
Asunto: Re: Equipo dos "Novatos"
Ola a todos! Que tal andamos? Espero que en Lugo conseguiramos moitos puntos, aínda que por min creo que non. Non me atopei nada ben dende o km 5, e acabei facendo un tempo de 57:55, mal para min,porque podía facelo mellor, pero bueno...noutra será. E por onde nos andabas
nopudoser? jeje. A verdade é que se viñeches ata a quedada e non me coñeciches, é culpa miña, porque estaba sen cambiar de roupa aínda e non levaba a camiseta azul que che dixen..sintoo
. De todas formas..seguro que fixeches bo papel, coma o resto dos do equipo (menos eu). Un saúdo a todos e vémonos na próxima. Eu estou pensando en ir a Pontecesures, pero non puntúa, aínda que para pasar unha boa tarde...sempre está ben. Vémonos no asfalto! (ou na terra,gravilla...)