Foros ›
2ª PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2012, 18:51
Asunto: 2ª PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN

2ª Carreira da XXI Liga Galega de orientación
X Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo de Orientación
LUGO, sábado, 31 de abril de 2012
Mapa de zona CAMPUS UNIVERSITARIO DE LUGO
Hora saída primeiros corredores: 10:30 h
PRAZO de INSCRICIÓN: martes, 27 de marzo, 22 h.

¡¡!! TÓDALAS CATEGORÍAS USARÁN O SISTEMA SPORT IDENT.
¡DEBÉIS LIMPIAR E COMPROBAR EN ZONA DE SAÍDA!
QUEN NOS DISPOÑA DELA, A ALQUILARÁ (3 euros, que pagará en Recepción ó recollela)

DORSÁIS: os FEDERADOS utilizarán os oficiais da Liga Galega 2012. É obrigatorio levar o dorsal visible na parte de diante da camiseta. Non se dará saída a corredores que non o leven ben posto. Si algunha persoa o extraviou, debe comunicalo ó facer a inscripción. (reposición 1 euro).
Os NON FEDERADOS e FEDERADOS DE CLUBS NON AGaCO utilizarán dorsais propios do trofeo.

COMIDA: despois da entrega de trofeos, e sorteos entre os presentes, teremos unha comida de confraterninade na cafetería do Club Fluvial de Lugo (aprox. 15:00 h), cuios vestiarios podeis usar (lembrade que tamén hai duchas e vestiarios nas Pistas de Atletismo, zona de saída-meta).
O precio será 13 euros (6 euros os menores de 14 anos).
MENÚ: empanada caseira e/ou macarróns para orientadores, carrilleira de cerdo ibérico e/ou xarrete estofado, pan, bebidas, postre, e café.
Para cerrar a reserva, necesitamos saber a xente que se queda a comer antes do xoves ás 17 h. Podéis traer acompañantes.
Saudos
Club Fluvial de Lugo
Sección de Deporte de Orientación

ALGO MÁIS:
Fixarse na escala dos mapas. É probable que sexa 1:4000.
Os horarios de saída estarán no taboleiro informativo da proba a partir das 9 h, e venres pola tarde na web da AGaCO.
Supoño que ainda quedarán máis cousas, pero...irán saíndo. Esperamos que disfrutéis.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Mar 2012, 18:55
Asunto: Re: 2ª PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN

Temos que empezar a quedar tódolos corredores do foro que están a participar nas carreiras de orientación, para tratar de aportar as crónicas e contar as meteduras de pata que son moi divertidas para compartilas.
Os que veñan a Lugo que se vaian apuntando para irnos coñecendo de momento só sei de Urko, de Telmocho (que só ven a algunhas) e que vaian saíndo máis.
Un saúdo e vémonos en Lugo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos