Foros ›
XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
16 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2012, 13:33
Asunto: XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra

Ola!

Escribo en representación da Carreira Popular de Pintos, en Pontevedra, que este ano se celebrará durante este sábado 11 de agosto, a partires das 4:30-5 da tarde.

Somos un grupo de xuventude da zona que organizamos unha carreira popular, que se ven transmitindo de xeración en xeración.
Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para o sorteo, logo da entrega de medallas, de diversos productos, entre os que destacan xamóns, electrodomésticos... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco, ou polo menos intentalo.

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e intentando mellorar naqueles puntos fracos que temos.

A distancia, a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2km, na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, e un par de baixadas importantes. As distancias para as categorías inferiores son menores, máis adecuadas aos seus rangos de idade.

Para todos aqueles participantes que se animen a correr, daráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización.

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso blog en carreirapopulardepintos.blogspot.com, onde toparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar ao correo electrónico ou nos comentarios do blog.

Saúdos.
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2012, 14:42
Asunto: Re: XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra

Non sabía desta carreira. Se a coñecera antes podería anotarme pero agora xa temos o sábado comprometido Triste outra vez será. Ánimo e adiante coa iniciativa!
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3862 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Ven, 10 Ago 2012, 8:49
Asunto: Re: XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra

¿Onde queda exactamente Pintos?

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
16 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 10 Ago 2012, 12:01
Asunto: Re: XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra

xoixe escribió:
¿Onde queda exactamente Pintos?

En breves actualizarei o noso blog carreirapopulardepintos.blogspot.com indicando como chegar, así como tentando dar a dirección GPS
fernandootero

Novo foreiro
Novo foreiro
14/12/11
12 Carreiras
39 Mensaxes
pontevedra
Respostar citando Envío Sáb, 11 Ago 2012, 20:13
Asunto: Re: XXVII Carreira Popular de Pintos - Pontevedra

Enorabuena por la carrera , la cuesta la verdad k costaba ee pero lo mejor de todo la gente del pueblo ,

animo y que se siga organizando





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos