Sun, 13 Feb 2022, 12:05
Post subject: Re: Diario de Meigalicix
Operación 10K Teis - Semana 1
Posto así, ata parece que vai en serio.
No fixen ningunha táboa de exercicios, pero sí as 3 saídas que me propuxera , sumando 28,8 km. Os ritmos moi lentos , pero agora iso é o de menos.
Hoxe volvendo de Chapela quixen probar sorte e ver canto teñen avanzado as obras na Vía Verde. Quitando uns 100 metros no límite municipal , tiña dispoñibles para min soa case 3km de terra prensada ou de carril bici en construción ata a zona da Xorxa, onde tiña pensado saír á estra veciñal que conecta cao Avenida Bos Aires, e de volta para casa costa abaixo. Todo perfectamente horizontal. Unha especie de oasis no inferno de costas que é este barrio, pero non ... Cando cheguei á zona da Xorxa os accesos cara afora estaban agora rodeados por todas partes cun valado ferros de encofrado de polo menos 3 metros de alto. Nin que esto fose Berlín Leste hai 50 anos... E total deixando ben á vista o resto da Vía verde, ben rematadiña e practicable ata o seu remate no centro de Vigo... E todo por qué? Pois porque ata de Don Abel I de Vigo e V de Alemania non veña a cortar a cinta e soltar o discurso, aquí non se estrea nada.
Total que tocou dar marcha atrás e buscar outra saída alternativa, afortunadamente tamén en costa abaixo que me levou cara a Avenida de Galicia fronte ás Sete Torres. En fin, toca amolarse . Esto da Vía Verde vai case ao mesmo ritmo que o Ave.
Pero volvamos ao que nos ocupa:
Plan para a semana 2 da operación 10K Teis:
Luns: Táboa completa de exercicios
Martes : Táboa reducida de exercicios
Mércores : Saída
Xoves : Táboa reducida de exercicios
Venres : Saída
Sábado: Taboa completa de exercicios
Domingo : Saída
E xa veremos que sae realmente