Tue, 19 Jul 2022, 15:45
Post subject: Re: Diario de Meigalicix
Do 4 ao 19 de xullo :
Por fin rematou a tanda de horas extras forzosas, 1 entreno semanal, 0 táboas de exercicios, pero sí moita andaina urbana para compensar . Mínimo 1 hora diaria desde Teis ao Meixueiro, indo pola Fenosa, San Xoan do Monte, Ramón Nieto, e arredores de Severino Covas. Unha auténtica W ou M de perfil con tramos que son millas verticais. Abondo para tranquilizar a conciencia e compensar as moitas horas sentada cada día (e menos mal que o meu posto estaba nunha zona da planta baixa do edificio, lonxe do sol directo e con relativo fresco dentro da que estaba a caer e todo o mundo)
Este xoves comezo por fin as vacacións. Marcho a Barcelona, sen zapatillas. Vou co xusto. Tanto de tempo como de utillaxe, especialmente agora que é mellor non ir cunha maleta a un aeroporto. Así que tocará compensar no atlético outra vez con andainas. Con todo, aínda me queda tempo de facer unha saída longa mañá.
Se non fose esta viaxe a Barcelona, tería sido da partida en
Moraña o vindeiro 24 de xullo. Quédame pena de perder a ocasion de gozar dunha carreira das que paga a pena ir , polo ben organizada,polo calor humano que lle pon a xente do
club de Atletismo de Moraña. E tamén pola festa de volver a atoparnos algunhas das persoas habituais:
Doutor, sei que vas este ano , eu non. Pero algún día haberá que que volver a rir e chorar, chorar e rir ( coma a Marianne de Cohen) lembrando ao Gato da Favela.
Quedarán para o mes de agosto os plans de entreno de verdade ( se é que se lle poden chamar así aos que saen neste diario).
Agora que xa non poñen a carreira de Carnota en agosto, o único obxectivo será a Carreira do Berbés , o 11 de setembro. Así que de momento non hai presa...