Foros ›
Author
Message
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 19 Oct 2022, 22:01
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Cando eu era pequena había uns hippies que cantaban aquelo de ía chegar a era de Aquarius, chea de harmony and understanding...
Varias décadas despois o que estamos é na era da post verdade o doble pensar, sin Aquarius nin Powerade, e por iso este diario xa non é diario, e ultimamente nin semanario. E onde tiña que falar de 3 entrenos cada 7 días, acabo rexistrando dous e confesando que a semana pasada só fixen un, sen chegar aos 9 km totais.
Así que esta semana estou tratando de reconducir o desastre.
Onte fixen un combinado A Punta, Área Longa, Via Verde. 9,5 km.
Hoxe tocaba descanso, simple andaina urbana ata o traballo, pero con tan mal pé, no sentido máis literal, que escorreguei na beirarrúa, a escasos metros de chegar ao meu destino, caendo de fuciños dun xeito totalmente aparatoso, incapaz de incorporarme... Menos mal que un rapaciño da ESO que ía para clase apiadouse e doume unha man coma bo samaritano. Aínda non está todo perdido.
Estou un pouco mazada no xeonllo esquerdo e nas mans.
A intención é saír mañá e venres. Espero que non se me descolocase nada e poder correr con normalidade
Ai, a vellez!
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2600 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Sat, 22 Oct 2022, 14:27
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

¡Vaya! ¡No ganamos para disgustos!
Me quedo tranquilo si ya nos dices que estás en la lista de supervivientes del aterrizaje forzoso, pero... Puf... Nos caen de todos lados.
Vamos a tener que colgar una ristra de ajos virtual del foro.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 23 Oct 2022, 6:30
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Papa-Léguas escribió:
¡Vaya! ¡No ganamos para disgustos!
Me quedo tranquilo si ya nos dices que estás en la lista de supervivientes del aterrizaje forzoso, pero... Puf... Nos caen de todos lados.
Vamos a tener que colgar una ristra de ajos virtual del foro.

Graciñas Papa-Léguas. Creo que de momento podo librar sen a ristra de allos.
Finalmente puiden facer a saída do xoves ata Chapela sen maiores problemas, e hoxe domingo veño de facer 10 km entre Intxaurrondo e Errentería polo carril bici estupendo que teñen. 25 graos de temperatura ás 8 da mañá. Aquí as cousas sempre son "ao grande"
A semana remata por fin con un suficiente holgado. Para chegar a o notable habería que mellorar o ritmo, pero de momento voume conformando con estar viva.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 30 Oct 2022, 12:40
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Suma e sigue:

Últimamente ando tan escasa de forza de vontade como a UE de terras raras e minerais estratéxicos.
Entre iso, e a climatoloxía adversa, esta semana só logrei facer dúas saídas. Unha o mércores pola tarde, tanteando as diversas conexións entre a Vía Verde e Lema e Marina, facendo máis de 8 km.
Outra hoxe, aproveitando o sol e aire limpo e fresco. Bauticeina no Garmin co "Teis integral". 16 km variados, pola Vía Verde ata o parquin da futura estación de buses, volvendo por Isaac Peral e Sanjurjo Badia ata Purificación Saavedra, Pedro Alvarado, baixada á Praia da Punta, Etea, Camiño Real, Chumba, Avenida de Galicia subindo ata o alto da Encarnación para logo volver e tirarme en plancha pola milla vertical de Angorén, e retomar a vía verde ata altura das Sete Torres e volver pola Avenida de Galicia no meu percorrido habitual... Unha auténtica montaña rusa de percorrido coas únicas excepcións do tramo de vía Verde... E o desgraciado do Garmin rexistra un miserable percorrido lineal que non representa nin a medate do que fixen, e o máis insultante é que só rexistrou os datos de altura dos últimos 500 metros, e o reduce a 16... Menudo Hal 9000 que teño en casa!!.
En fin. Quedareime so co dato de que polo menos a semana remata con 24 km feitos, e unha media de 13.900 pasos diarios, se iso vale de algo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 06 Nov 2022, 17:45
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

As horas de conciliación están tan caras como o aluguer de vivenda e a factura do gas.
Tanto que esta semana só logrei facer unha saída ó xoves, paquete básico de Chapela. E hoxe domingo, a pesar de recurrir ao vello truco de poñer a roupa de correr xa nada máis erguerme da cama, finalmente tiven que conformarme con 25 minutos de bici estática antes do xantar. Iso si, sen baixar das 134 pulsacións, ao compás da música dos Vacalouras, ideal para este fin (deberíades de probar polo menos unha vez) open.spotify.com/album...UtS9kyTHw6

A ver se consigo que a semana que vén sexa de máis proveito, agora que xa teño un obxectivo a un mes vista: "Carreira Érguete e corre" do circuíto Runrun Vigo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 13 Nov 2022, 16:10
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación Erguete. Semana 1:
Non parto da nada absoluta, pero pouco menos.
Do único que me podo gabar é de ter feito por fin tres saídas esta semana, pero con son 22 km totais de trote.
Ás molestias habituais do glúteo dereito teño que sumar unha unlla infectada no pé esquerdo que non acabo de controlar.
Plan para esta semana: entrenos o martes, venres e domingo.
Se ademáis fago algunha táboa de exercicios, doume notable alto
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 20 Nov 2022, 21:05
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación Érguete semana 2:
27 km de trote cansino repartidos en 3 saídas bastante pasadas por auga.
Ningunha táboa de reforzo de glúteos.
O vindeiro martes sesión de fisio.
Se a vida de Forrest Gump era unha caixa de bombóns, a miña vida atlética é últimamente unha caixa de galletas Gullón integral : insípida de máis.
Outros anos en tal data coma hoxe andaría de resaca post San Martiño, redactando unha crónica elaborada.
Hoxe toca andar nas antípodas, e procurar non mirar atrás, non vaia ser que me volva estatua de sal
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4206 Posts

Reply with quote Post Mon, 21 Nov 2022, 17:20
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

Se a vida de Forrest Gump era unha caixa de bombóns, a miña vida atlética é últimamente unha caixa de galletas Gullón integral : insípida de máis.

Esa es buena Meiga. Nos llegará un momento en el que nos pongan un jabalí asado delante, al estilo Obélix, y será sin sal y sin grasas trans. Espero sea dentro de miles de años.

Noraboa por esa Operación Érguete, constancia pura e insistencia cerruna, que es lo que nos cuenta, al fin y al cabo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 27 Nov 2022, 22:52
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación Érguete : Semana 3
Xa van 21 días, e non é que vexa que a forma e os tempos vaian mellorando gran cousa... Tampouco é que axuden moito as circunstancias : chuvia, vento en contra, pés mollados, ter que saír de tarde coa dixestión a medio facer, cans que se botan aos pés e a forza que se me vai pola boca xuramentando, deixando a miña reputación veciñal case tan polo chan como o meu fondo físico...
En fin. Polo menos as tres saídas si que as fixen, 26 kilómetros.
Quedan 14 días para seguir crendo en miragres
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 04 Dec 2022, 12:20
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Operación Erguete : semana 4
Obxectivo cumplido de 3 saídas e 27km semanais. Pero costou... Ata xoves non din posto en marcha o motor. E para iso a base de poñer camiseta de manga longa, chuvasqueiro gorro polar... E iso que isto é Galifornia. Se chego a vivir na Fonsagrada deixaría o armario baleiro.

Calquera parecido cos meus entrenos prepandemia/prelesión son pura coincidencia. Pero polo menos aínda me queda o efecto acelerador do aire frío invitando a fuxir fogueada: Hoxe por primeira vez en meses ( ou anos) rematei un entreno cun ritmo medio de 5:37
Queda só unha semana e dous entrenos para comprobar se este amago de progresión é tamén pura coincidencia


Last edited by Meigalicix on Tue, 06 Dec 2022, 12:08; edited 1 time in total
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4206 Posts

Reply with quote Post Sun, 04 Dec 2022, 18:50
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Ese ritmo no es de pisar huevos Meiga. Vas indo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 11 Dec 2022, 23:54
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : Carreira Érguete e corre 2022

E por fin chegou o día. Os preliminares non foron os mellores. Esta semana só fixen 30 minutos de bici estática o xoves, e un trote de 52 minutos ata Chapela o venres.
As expectativas que tiña este domingo pola mañá eran rematar en 55 minutos e gracias.
Aínda que madruguei, acabei enredando coma sempre en mil cousas e case saio tarde. Así que non quedou outra que marchar a todo trote pola Vía Verde en dirección Vialia para ser puntual. Non viu mal, pois a mañá estaba gris e fría, e tocaba moverse para non quedar aterecida ( e iso que nunca saí tan abrigada para unha carreira na miña vida, cambiando o top e as asas por camiseta de maga longa e outra por riba de reforzo ). Como non quere a cousa, foron16 minutos de quecer musculatura que me peguei, e de paso cheguei puntual para a Carmafoto ( por unha vez).
Xa pouco tempo quedou para estirar e quentar pola explanada do centro comercial. Cando acordéis, xa estaba Don Abel I de Vigo e V de Hong Kong soltando a súa arenga de que somos @s mellores atletas do mundo antes de dar a conta atrás para a saída( xa fede un pouco a frase) .
E menuda saída en rampa pola Vía Norte picando para arriba.
Digamos que a parte boa foi que non houbo molestias do xeonllo esquerdo nin do glúteo dereito. A parte francamente mellorable foi a capacidade pulmonar escasa pola falta de entreno.
Sen chegar a sufrir ata morrer, houbo rampas que se facían interminables... ai esa pasarela de madeira entre a Vía Verde e Vía Norte! Ou esa curva que tocaba facer entre Buenos Aires e a Vía Verde pola rampa de entrada, estreita e con bolardo no medio...
Se os resultados foron dignos pese a todo, foi pola impagable labor de equipo da compañeira Lúameiga, que estivo á par todo o tempo da carreira, e incluso baixou de ritmo para esperar por min cando no km 9 se me desatou o cordón dereito e tiven que parar 30 segundos.
Pasamos pola xuntas cando o arco marcaba 53 minutos máis ou menos.
Iso viría sendo un ritmo medio de entre 5:19 a 5:22, dependendo de se están ben medidos os 10 km ou é o Garmin o que di a verdade.
En calquera caso, moi por debaixo dos ritmos dos entrenos destas semanas.
Capital de abondo para quedar no posto 5 de 13 na categoría F 3, e de posto 31 de 75 na xeral feminina. Ademais de arrebañar 100 do circuíto, e quedarme con 350 en total polas 5 carreiras que fixen.
Pero o máis importante é ter os músculos vivos e no seu sitio, espero que por moito tempo.
Creo que non lle podo pedir máis a esta tempada do 2022 que xa remata.
Segundo o Garmin, o balance global queda en :
- 825 km de carreira, rozando escasamente a media de 16 km semanais. Está claro que houbo moi poucas semanas de 3 saídas
- 2782 km de pasos rexistrados. Seguramente teño feito máis, pero non sempre me acorda poñer o Garmin no pulso. A media de pasos diarios anual é de 12000 e a deste mes 15.000. Xa que casi non fago nunca táboas de reforzo de glúteos e cuádriceps, polo menos maquillar os resultados e que se vexa que levo unha vida activa.
En xaneiro xa iremos redactando a táboa de boas intencións a incumplir en 2023.
De momento a cousa queda así


Last edited by Meigalicix on Mon, 12 Dec 2022, 22:23; edited 3 times in total
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2600 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Mon, 12 Dec 2022, 18:17
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Caray, Meigalicix, 53 minutos en un 10K. No sé si estamos convergiendo por mérito tuyo o demérito mío, pero la verdad es que me parece una actuación muy digna de encomio. Se masca el sorpasso. Shocked

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3172 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 12 Dec 2022, 22:29
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Papa-Léguas escribió:
Caray, Meigalicix, 53 minutos en un 10K. No sé si estamos convergiendo por mérito tuyo o demérito mío, pero la verdad es que me parece una actuación muy digna de encomio. Se masca el sorpasso. Shocked
Nalgunha era xeolóxica anterior o normal para min era rematar as carreiras de 10 km en 52 minutos ou por debaixo .Que lonxe queda todo...
Nesta existencia post lesión /pandemia non sei cal será o rumbo da miña "liña do tempo", se irá converxente ou paralela... O que si boto de menos é non coincidir nalgunha. A ver se no 2023 temos ocasión de comprobar en directo os méritos e deméritos Smile
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4206 Posts

Reply with quote Post Tue, 20 Dec 2022, 20:15
Post subject: Re: Diario de Meigalicix

Ese tiempo lo hago en uno de mis mejores días, y sin lesión.

Con lesión (que es el 80% del tiempo) ya olvídate.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum