Sun, 15 Oct 2023, 21:36
Post subject: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela: "Carreira contra o cancro"
Xa perdín a conta das semanas da operación F4, cada unha máis caótica ca anterior, ata o punto de que ésta non fixen un só entreno, e pola contra moitísima vida sedentaria traballando horas e horas no ordenador.
Media de horas de sono nos últimos días, entre 4 e 6, e, algún día houbo de durmir só 3.
E con este escasisimo capital vinme hoxe en Coia as 10 da mañá facendo un quentamento miserable de menos de 10 minutos antes arrancar no arco de saída.
A miña primeira vez na Carreira contra o Cancro.
Fixeime nos globos das lebres, e fixen o propósito de ir coa de 55 minutos. Pero sen saber moi ben cómo, estiven case media carreira a poucos metros da de 50.
O percorrido era un auténtico tobogán, xa coñecido das veces que corrín a nocturna da Florida.
Por algún momento parecía que me ía dar o baixón de glicosa. E eu sen barriñas enerxéticas nos petos.
Aínda asi, fixen o que puiden. E nin tan mal, que acabei no posto 45 de 131 mulleres chegadas a meta, detrás dalgunha archirrival que me pasou no último km, pero que lle imos facer se non entreno nada.
Hoxe non correu a líder F4 do circuíto. Eu creo que sabe que ten puntos de sobra para quedar de primeira, por moito que gañemos as demais ata final de ano e por iso non viu.
Moita chuvia, que desmereceu todo, e deixaba o corpo enchoupado e frío, sen ganas de parar a ver nada. Pero a andaina dos 5 km aínda así brillaba con luz propia na Avenida Castelao. Malos tempos para a lírica e a paz mundial, pero que non se diga que non había xente hoxe mollándose con gusto por unha boa causa. Pagou a pena velo.
Nas vindeiras tres semanas toca pensar na 21 de Vigo.
Aí si que xa non valen improvisación nin caos. Non sei como vou conciliar traballo e entrenos, pero maloserá.
De momento sigo a saborear un chisco máis do feito de ter salvado o tipo o día de hoxe.