Sun, 05 Jun 2016, 20:53
Post subject: Re: III Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte 2016
Como creo que non hai fío propio desta carreira, vou facela crónica desta carreira.
Carreira na que corrín todas as edicións disputadas ata agora, que conste que dubidei ata o derradeiro momento en ir, tirábame moito ir a media de Caminha. Pero un adestramento que fixen o mércores pola tarde con moita calor e que levei moi mal, foi o que me fixo decidir por facer só 10Kms.
Carreira moi ben organizada en liñas xerais, con todos os servizos que podemos demandar, sen nada superfluo do que é unha carreira.
Percorrdio típico deste circuito, é dicir durecho. Eu como sabía o que me ía atopar nas duas voltas, ainda que os primeiros 500 mts. son en baixada, retivenme moito, xa que en canto rematan estos empeza unha subida de mási de 600 mts, seguida de outro baixada rematada con outra subida (as subidas non son duras en exceso) e así os 5 Kms de que consta a carreira quitando uns tramiños que son máis ben chanciños.
Ao final fixen 42'40 oficial, que son 35" menos que o ano pasado e 2" menos que hai 2anos, polo que máis ou menos estou nos mesmos ritmos estes anos ainda que moi lonxe de cando se fixera esta carreira no ano 2011 organizada polo Correo Gallego, onde baixara ben de 40', que tempos aqueles