Xov, 28 Abr 2016, 7:00
Asunto: Re: Maratón Londres 2017
Creo que
seixi e
Rama o explicaron perfectamente.
Eu tamén probei sorte o ano pasado a entrar por medio da Entry ballot e nada... Iso si, nin tiven que dar datos da conta bancaria nin me cobraron nada, simplemente te quedas cun número ou código e a esperar a outubro que é cando saen o resultados do sorteo, pero as posibilidades son moi escasas, dos Majors é o que máis difícil está participar.
Para entrar por marca (Good for age) non tes que ser necesariamente británico, se non vivir no Reino Unido. Claro que, se por algún casual, alguén ten un coñecido vivindo en UK, podes dar a súa dirección. Rebuscando por aí, sendo non británico supostamente pediranche que certifiques realmente que vives no Reino Unido, por exemplo cunha factura e a dirección que usaches. Claro que despois envianche o certificado de inscrición a esa dirección por correo postal e todo iso...