Foros ›
VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Xov, 01 Set 2016, 19:59
Asunto: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Domingo día 9 de Outubro de 2016 a partir das 10:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio e Atletismo A Estrada o “VI Memorial
Manuel Bergueiro”.
Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o IV Circuito “Corre A
Estrada Corre”.

REGULAMENTO

1.- PARTICIPANTES:

A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:

2.- CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2011 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1994, 1995 e 1996.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1982 e 1993.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1971 e 1981.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.

3.- PERCORRIDOS:

O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros, aproximadamente, a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 9.600 metros. A categoría cadete dará unha única volta ao circuito absoluto.
O resto das probas faranse en dous circuitos de 800 metros e de 500 metros.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX

10:00 h PITUFOS 100-120 m

10:15 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)

10:15 h BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)

10:30 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito Ojo morado

10:50 h INFANTIL 1.600 m (2 voltas ó circuito B).

11:30 h CADETE 3.200 m (1 volta ó circuito C)
XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/SENIOR e VETERÁN 9.600 m (3 voltas ó circuito C).

13:00 h ENTREGA DE PREMIOS

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de servicio de ambulancia.

4.- INSCRICIÓNS:

* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 6 de Outubro de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.

* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 6 de Outubro de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.

Calquera dúbida relacionada coa organizaciónda proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes @ aestrada.es

O PREZO da inscrición será o seguinte:

1. ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €

2. CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA

Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios solicitados no formulario de inscrición.

5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:

Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 9:00h.

CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Veterans B estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para recollelos.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

6.- TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:

 CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina

1o. Trofeo + 200€. 1o. Trofeo + 200€.

2o. Trofeo + 150€. 2o. Trofeo + 150€.

3o. Trofeo + 100€. 3o. Trofeo + 100€.

4o Trofeo + 75€. 4o. Trofeo + 75€.

5o. Trofeo + 50€. 5o. Trofeo + 50€.

6o. Trofeo + 25€. 6o. Trofeo + 25€.

CATEGORÍAS ESCOLARES:

Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende BENXAMÍN ata VETERANS.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS (ata fin de existencias).
Os premios no son acumulativos. Serán as clasificacións por categorías a pàrtir do 4o clasificado absoluto.

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.

7.- OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

Haberá habilitado vestiarios no pavillón municipal Coto Ferreiro. O horario de apertura será a partir das 10:00 ata as 14:00 horas.

Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
www.emesports.es
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2016, 17:19
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Hola, non atopo os resultados provisionais do circuito na páxina de Emesports nin na do concello, están dispoñibles ?
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2016, 12:53
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

mac-ray escribió:
Hola, non atopo os resultados provisionais do circuito na páxina de Emesports nin na do concello, están dispoñibles ?

Hola Mac-Ray, xa os solicitamos fai un tempo; e non es ti o único, todos os que disputan o circuito, incluidos nos, queremos saber cómo van as cousas ata este momento... pero por agora non nos pasaron as clasificacións, e están pedidas a emesports.
Voltamos a pedirllas, tan pronto recibamos resposta notificaremos dos resultados do circuito.

Gracias e disculpa
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2016, 15:35
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Pois é curioso si, que despois de 3 probas non exista unha clasificación despois de tanto tempo, eu preguntei esta mesma semana a Emesports e me dixeron que estaban colgadas na páxina do concello pero non as atopei e polo que me contas mellor non sigo buscando jeje.

Gracias !!
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Lun, 05 Set 2016, 13:30
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

La carrera está colgada en el calendario desde el viernes, esperando aprobación del Admin para que se vea públicamente.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mar, 06 Set 2016, 12:32
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Buena pinta tiene esta carrera.Igual me animo. Guiño
Además por el mero hecho de ganarle a mac-ray,ya me llena de satisfacción. Sorriso
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Set 2016, 14:48
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Será un placer compartir kms con lestrove !!

Lo de ganarme lo siento mucho, pero mejor lo dejamos para otra carrera Guiño
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mér, 07 Set 2016, 15:32
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

mac-ray escribió:
Será un placer compartir kms con lestrove !!

Lo de ganarme lo siento mucho, pero mejor lo dejamos para otra carrera Guiño

Bueno,yo lo voy a intentar.Nadie dijo que fuese fácil.
Un abrazo máquina!! Sorriso
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 10 Set 2016, 11:16
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Parece que xa están as clasificacións dispoñibles:

www.aestrada.com/index...rre-2016es
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 21:33
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

as inscripcións xa levan días abertas Guiño
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2016, 21:51
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Ainda queda un mes oh!! Parar
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Mar, 04 Out 2016, 20:07
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Últimos dous días para anotarse!!!!
pouca participación por agora... e moitos premios económicos!!! coma dicía aquel anuncio de tv: e se toca???

veña, a encher as rúas de A Estrada de xente, que é unha vila que sempre apoia ao deporte e trata ben a xente nas súas carreiras populares.

Vémonos o domingo nas rúas do pobo!
cardamas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/10/14
6 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2016, 20:27
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Muy buena carrera como siempre. Me encanta esta carrera, con su recorrido que terminas conociendo perfectamente. Cada vuelta su botellita de agua, camiseta molona y fruta al terminar. Enhorabuena. Aplauso Segundo año que me animo.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 10 Out 2016, 14:36
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Magnífica carrera y muy buena organización como siempre.

Como tema a mejorar: Las duchas este año quedaban un poco lejos desde la zona de salida-meta (unos 2 kms.); preferiría que siguiese siendo en el campo de futbol como hasta ahora (¿quizás no estaban disponibles para es día?)

Por lo demás, camiseta muy guapa, avituallamiento líquido en cada vuelta, es decir, cada 3,2 kms. (lo que es todo un lujo), un speaker muy enrrollado, voluntarios de fábula y circuito totalmente urbano con mucha gente animando (aunque ello suponía das tres vueltas al mismo circuito). Carrera para repetir.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
rivava

Maratoniano
Maratoniano
12/11/08
0 Carreiras
50 Mensaxes
Lalín
Respostar citando Envío Lun, 10 Out 2016, 18:13
Asunto: Re: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Amigo Maxi, o campo de fútbol da Baiuca xa é historía. Hoxe è unha explanada e no futuro penso que unha escola infantil. Un saúdo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos