Mar, 28 Mar 2017, 18:52
Asunto: Re: XXXVIII Carreira Popular Pascua Concello de Padrón
Boa noite a todos, nos vindeiros días subiremos o novo percorrido.
Hoxe deixámosvos os trofeos e premios:
TROFEOS E PREMIOS
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
- Trofeo aos tres primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
TROFEO ESPECIAL DE PASCUA aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
Medallas a tódolos participantes nas probas escolares.
PREMIOS ESPECIAIS
- Trofeo ao 1o/1a corredor/a local.
- Trofeo participacion, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que logren finalizar as probas.
- Trofeo Superveterán ao corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Benxamín ( trofeo ao corredor/a de menor idade)
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais). Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
PREMIOS EN METÁLICO A CLUBES
Categoría masculina
› 1º Equipo Clasificado: 200 €
› 2º Equipo Clasificado:150 €
› 3º Equipo Clasificado: 100 €
Categoría feminina
› 1º Equipo Clasificado: 200 €
› 2º Equipo Clasificado:150 €
› 3º Equipo Clasificado: 100 €
A clasificación por clubes na categoría masculina será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10o componente.
A clasificación por clubes na categoría feminina será establecida a través das 10 primeiras corredoras en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique a súa 10a componente.
Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.