Foros ›
Autor
Mensaxe
Linneo

Maratoniano
Maratoniano
25/12/06
58 Carreiras
418 Mensaxes
Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2007, 0:43
Asunto:

:=D> :=D> :=D> :=D>
Qué maneira de baixar o nivel do foro: noraboas
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2007, 0:52
Asunto:

Joder yosi como los toreros tio , por la puerta grande , enhorabuena, :=D> .
Elyana

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
28/09/06
0 Carreiras
1966 Mensaxes
Sada,A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2007, 8:40
Asunto:

¡Enhorabuena Yosi!
Morangui

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/02/07
0 Carreiras
237 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2007, 9:24
Asunto:

¡¡ENHORABUENA, CAMPEÃ?N!! :=D> :=D> :=D> :=D> :=D>


Suerte es lo que sucede cuando la preparación y la oportunidad se encuentran y fusionan.
Bareixa

Maratoniano
Maratoniano
18/12/06
0 Carreiras
1268 Mensaxes
Beade capital
Respostar citando Envío Mér, 07 Nov 2007, 11:04
Asunto:

Enhorabuena :=D> :=D>
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Mér, 14 Nov 2007, 14:35
Asunto:

bueno, pois despois duns merecidos días de descanso, recuperación e turismo (mooooito turismo...) pola capital ateniense, xa estamos por aquí de novo prestos e dispuestos para relatar crónica e contar demais experiencias... con un pouquiño de retraso, iso sí, pero máis vale tarde que nunca, non? Guiño

ante todo dar as gracias por esas palabras de ánimo/felicitación dos foreiros que se deixaron caer por este tema últimamente... decirvos que foron recibidas con moito agrado desde a distancia. Razz Razz
o certo é que estou moi contento do resultado acadado... pero aínda máis coa experiencia vivida, que penso que ó final é o máis importante de todo.

o venres anterior á proba saín a trotar un pouquiño pola cidade, en plan tranquilo, para soltar pernas e relaxarme, aproveitando tamén para facer un pouquiño de turismo por algunhas zonas de Atenas... e sen querer deixeime case caer cara o estadio Panathinaikon, lugar no que remata a carreira... é impresionante estar alí, contemplar esa mole de mármol e respirar todo ese ambiente de historia e de maxia que o rodea... as primeiras olimpiadas da era moderna no 1896, a maratón dos mundiais'97 na que Antón se impuxo a Fiz nos últimos metros, a maratón das olimpiadas'04 na que Baldini deu unha exhibición despois de que un tarado botase por terra as poucas opcións dun desconsolado Lima... non sei, foi especial estar alí, vendo como montaban todo o tinglado da meta e preparaban todo para dentro de dous días... penso que dalgunha maneira foi como unha conxura, en plan dicíndome a min mesmo que "aquí non se pode fallar"... Demo sorrindo Demo sorrindo

o día da carreira levanteime como sempre e fixen o de sempre, coa calma e a tranquilidade habituais... é curioso ver como a cada maratón que pasa eses nervios matutinos son cada vez menores e máis controlables... aínda que claro, o "gusaniño" no estómago está ahí, e máis tratándose dunha ocasión especial coma esta... Indiferente

transporte a Maraton correcto por parte da organización (da que so podo falar ben), en autobuses, desde o mesmo estadio... tocoume ir rodeado dun grupo de austríacos cincuentóns, aos cales vos podedes imaxinar que non entendía nada... aproveitei a viaxe para recoñecer o perfil da carreira e irme fixando nas zonas de subida/baixada, pois o autobús fai o percorrido da maratón (pero á inversa, claro)... Molón

chegada á zona de saída e máis rutina... paseo de recoñecemento, eliminación de "lastre" nas inmediacións campestres, e quecemento/estiramentos suaves...
moita xente na saída, calculo que sobre 4000-5000... identifico a algún español polas camisetas, pero o certo é que xa teño poucas ganas de falar... deixo a bolsa nos camións da organización (tamén, recollida correcta) e tiro para a liña de saída. Intento ubicarme ben, bastante adiante, para evitar codazos, empuxóns e outros incidentes non desexados... cando me dou conta estou case que á par dos "negritos" e decido ir algo para atrás, que tampouco me gusta molestar a ninguén... Parar

saída ás 9 en punto da mañá, entre confetis, globos, música de banda, e ruido ensordecedor de publico e dun par de helicópteros que sobrevoan a zona... todo moi bonito. Disfruto do ambiente ata que toca centrarse en correr e colle-lo ritmo... Pensando Pensando
primeiros kms. tranquilos, co freno de man posto... no km. 4 pásase xunto á Tumba de Maratón, monumento funerario que rememora aos caídos na famosa batalla do 490 a.C. contra os persas...

o día é ideal para correr, sen frío nin calor, e tampouco se nota moita humidade, que era o que eu máis temía... pero está nublado, e bastante oscuro cara a zona de Atenas, presaxio do que logo viría... Pensando Pensando

o percorrido discurre sempre por unha carretera, con pouco que ver, e pouquiño público animando... iso fai que me resulte doado correr moi centrado e controlando moito o ritmo... no km. 5 decido acoplarme a un belga que vai moi parexo a min e que se ve moi solto... facemos xuntos a metade da proba (ata a media), relevándonos e entendéndonos moi ben, clavando os 4'/km (km.10-39' // km.15-59' // km.21-1h24')...

sigo indo moi cómodo pero vexo que el vai a máis e decido soltalo e centrarme no meu... ademáis, comeza a subida e prefiro baixar o ritmo e gardar o máximo posible para o final... tamén empeza a chispear, chuvia cada vez máis intensa que xa non nos abandoaría ata o final da proba... Indiferente

ese 12 kms. (do 21 ao 33) son terribles, con continuas subidas e tobogáns que non che permiten seguir nin manter un ritmo e castigan as pernas cada vez máis... a chuvia tampouco axuda, e menos a min, que son de calor. Demo
Trato de regular e subir despacio, e tamén de ir bebendo todo o posible, pouco pero regularmente, con avituallamentos cada 2'5 kms... pero o castigo empeza a pasar factura, sobre todo a nivel de gemelos Confuso Confuso

afronto os 9 últimos kms. con tranquilidade, sabendo que son de baixada, pero que as pernas xa non están para moitas alegrías... chove cada vez con máis forza a medida que entramos en Atenas, xa me pesa todo...

manteño o ritmo de 4'20- 4'30 con bastante dignidade ata o 38, momento no que xa me atopo moi desfondado... marcándome como único obxectivo claro o de terminar con dignidade... pero cóstame moito avanzar e cada km é un verdadeiro suplicio... eses 4 últimos kms. non sei se correr, andar ou poñerme a gatas... voume a case 5'/km., pero xa cheiro a meta... Mr. Green olvídome da marca (coa que xa non contaba), pero doume conta de que baixar de 3 hs. está feito (cousa coa que tampouco contaba)... decido facer un último esforzo, pero sen olvidarme de disfrutar do momento da meta... Bailar Bailar

moitísima xente animando nas últimas avenidas de Atenas, nas proximidades do estadio, e tamén no interior do mesmo, por suposto...

entrar nese estadio e cruzar a meta non se pode describir con palabras... Pensando e algo moi grande e hai que vivilo... como correr esta maratón... non é a máis vistosa, nin a máis bonita ou multitudinaria, nin será a mellor organizada... pero é a maratón das maratóns, e ten algo especial que todo o mundo debería experimentar algún día... non sei como describilo, hai que estar alí...

ó final, o menos importante... 2h58' (a 3' da miña mellor marca, en Mapoma, este ano) e posto 75... ser o mellor español non deixa de ser unha curiosidade, jeje... moi contento porque non preparara para iso, nin moito menos (e vendo cómo rematei os últimos kms. me demostra que faltou preparación), senon para terminar dignamente e disfrutar da experiencia, como xa dixera aquí... pero cando estás en carreira (nesta carreira máis, concretamente) hai algo que te empuxa cara diante...

tal vez sexa o espírito de Filípides... Guiño

gracias por aturares o tostón. Razz

sexo, zume de melocoton & rock'n roll
Cabuxa

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/11/06
0 Carreiras
388 Mensaxes
El Molinón, grada Este // Mexillón Arena, Tribuna Sur
Respostar citando Envío Mér, 14 Nov 2007, 15:02
Asunto:

Flipante, Yosi, no tengo palabras. Gracias por la crónica.
:=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D>
Chacal

S. Veterano
S. Veterano
20/02/06
0 Carreiras
4553 Mensaxes
Arteixo - Coruña
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 4:11
Asunto:

Bien yosi, enhorabuena!
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 9:50
Asunto:

Noraboa yosi polo resultado e moitas gracias pola crónica ¡FANTÁSTICA!
Saudiños.
albatros

Foreiro infantil
Foreiro infantil
20/10/07
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 12:41
Asunto:

Enhorabuena Yosi :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> :=D> eres un crak.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 14:14
Asunto:

Muy bien Yosi, formidable, enhorabuena. El belga,al que no pudiste seguir,sólo hasta la media, creo quedó en el puesto 35 con 2:45.
La próxima edicion es el Domingo 9 de Noviembre 2008 .

Friends forever
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 20:58
Asunto:

corroseguro escribió:
Muy bien Yosi, formidable, enhorabuena. El belga,al que no pudiste seguir,sólo hasta la media, creo quedó en el puesto 35 con 2:45.
La próxima edicion es el Domingo 9 de Noviembre 2008 .

gracias, gracias a todos... que me poño colorado... Avergoñado Avergoñado Avergoñado

efectivamente, corroseguro... vexo que te informas moi ben, tanto no da edición do ano que ven (que puiden confirmar que será o 9/11 e non o 2 -como eu imaxinaba-) na que estaba especialmente interesado kandepalleiro...

como tamén no tema do belga... qué bo era o tío... víase solto, pero non pensei que tanto como para iso... menos mal que decidín deixalo, senon houbérame deixado "frito" en non máis de 5 kms... Indiferente
é flipante, e alguén me tería que explicar algún día cómo carallo se fai iso... Pensando Pensando refírome ao de correr a segunda media máis rápido que a primeira, así, coma se nada Silbar ... levo xa 5 maratóns e é algo que me sigue a parecer surrealista, e so ó alcance de profesionais... pero bueno... algún día...

sexo, zume de melocoton & rock'n roll
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2007, 21:35
Asunto:

¿ correr a segunda media mais rápido que a primeira ? Pensando
¡ a íso chámase ir de menos a mais ! ¿ a que che sona ? Ríndose
normalmente un ten mais enerxía o principio e dalle mais caña e logo así veñen as barreiras dos 20,30,...kms. , pero outros teñen certo temperamento para controlar, para desgastarse menos o principio,deixar ir os demais e logo "ir de menos a mais" o que por certo te anima e te motiva un montón o ver que vas pasando a corredores ,o contrario que ir "de mais a menos" e ver ´como te van pasando Pensando

Friends forever
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
473 Carreiras
3688 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2007, 18:14
Asunto:

Moi boa crónica Yosi, e moi bo resultado, opino coma Corroseguro, hai que saber correr moi frio para facer eso.
Eu nunca corrín unha maratón, pero nas medias que corrín (xa levo unhas cantas), nalgunhas si que conseguin ir mais rápido na 2ª parte, e dache un subidón en todos os aspectos.
Agora a recuperarse e pensar nos próximos obxetivos.
yosi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
20/10/06
0 Carreiras
908 Mensaxes
Valdeorras/Lugo
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2007, 19:25
Asunto:

corroseguro escribió:
¿ correr a segunda media mais rápido que a primeira ? Pensando
¡ a íso chámase ir de menos a mais ! ¿ a que che sona ? Ríndose
normalmente un ten mais enerxía o principio e dalle mais caña e logo así veñen as barreiras dos 20,30,...kms. , pero outros teñen certo temperamento para controlar, para desgastarse menos o principio,deixar ir os demais e logo "ir de menos a mais" o que por certo te anima e te motiva un montón o ver que vas pasando a corredores ,o contrario que ir "de mais a menos" e ver ´como te van pasando Pensando

claro, claro, se xa sei que hai que ir de menos a máis... estou dacordo con vós, corroseguro e Kurty...

o que pasa é que me parece complicadísimo Pensando ... eu tamén teño corrido carreiras de 10kms de menos a máis, e mesmo medias... con moi bos resultados, claro, sobre todo a nivel de satisfacción, como decides, pois terminar unha carreira pletórico e adiantando a todo dios é algo moi grande... Bailar Bailar

pero penso que nunha maratón a cousa cambia... a min polo menos.
xa non o vexo tan complicado dende o punto de vista psicolóxico (o tema da sangre fría da que falades, ou do temperamento...), senon dende o punto de vista meramente físico...
eu teño a sensación de que a fatiga aparece e que as pernas non van a responder a partir do km 33-35 por moito que regules e gardes ata ese momento...
algún día probarei a facelo... propoñerme pasar a primeira media en 1.35 ou 1.40 para tentar de baixar na segunda de 1.30, ou algo así... por experimentar, máis que nada...
pero é que ahí me atopo co problema de que correndo a primeira media en 1.40, por exemplo, me vexo nas pernas con 16 minutos máis de esforzo que se a fixera en 1.24... e iso non sei ata qué punto é "economizar" esforzos Parar ... non sei se me entendedes
non sei, penso que é un equilibrio moi delicado, e que hai que correr moitas maratóns para saber verdadeiramente cal é o ritmo axeitado de cada un... Pensando Pensando
e por suposto, tamén é cuestión de "machacarse" moito para ter reservas neses kms. finais... cousa que eu non fixen para esta maratón...

pero xa digo, que algún día probarei a facer iso.

un saúdo. Razz

sexo, zume de melocoton & rock'n roll





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos