Foros ›
I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 22:45
Asunto: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

O próximo sábado 8 de setembro, a partir das 11 horas, celebrarase a I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene, organizada polo Concello de Fene e máis o Clube Atletismo Fene.

Celebrarase nas inmediacións do peirao de Barallobre (Fene). Haberá, ademais da proba absoluta, carreiras para menores e tamén unha proba adaptada. A proba absoluta desenvolverase dando dúas voltas a un circuíto de 2.500 metros.

Haberá trofeo e un agasallo cortesía de Bodegas Barral para os tres primeiros clasificados de cada sexo da proba absoluta. Ademais, para dez primeiros clasificados de cada sexo recibirán un vale de 20 € para gastar na Festa Mariñeira (que se celebra a carón da saída/meta da carreira) xentileza do Concello de Fene. Tamén haberá trofeo para os participantes de máis idade de cada sexo da proba absoluta. Os participantes do resto de categorías recibirán unha medalla.

Haberá servizos de roupeiro e duchas. Estades tod@s convidad@s, as inscricións son de balde. Esperámosvos o día 8 de setembro en Barallobre!!

Regulamento completo e inscricións abertas en Carreiras Galegas:

www.carreirasgalegas.c...e822983a78
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 5:54
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

¡¡¡Qué bien tantas carreras por la zona!!! Yo apoyo la moción y allí estaré. Además este club bien lo merece Guiño que son muy majetes.
¡Gracias! Aplauso
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
233 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 11:18
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

el perfil de la carrera?
llana,dura...
muchas gracias
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 13:26
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Keka77 escribió:
el perfil de la carrera?
llana,dura...
muchas gracias

Hola!! El perfil de cada vuelta puede verse en el reglamento, si bien puede ser algo engañoso y parecer más duro de lo que es, ya que las cuestas que hay no tienen demasiada pendiente, esperamos que sean llevaderas. Guiño
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 12:42
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Sendo en Barallobre, moito se terán que torcer os plans para que un Baralloco non participe.

"By endurance we conquer"
Ernest Shackleton
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 13:50
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Pois outro mais que se apunta.
Vémonos aló, compañeir@s de fatigas Guiño
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 12:20
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Trazado da carreira.

Chámame a atención que apenas hai tramos nos que poidas manter un ritmo: case todo o tempo ou estás subindo, ou baixando, se ben é certo que as subidas non excesivamente fortes, aínda que tamén hai tramos algo mais complicados.

Outro detalle é que hai que facer ata 5 veces voltas de 180º grados, supoño que a través de conos.



resized_2.jpg
Descrición:
Visto: 5449 veces
resized_2.jpg


resized_1.jpg
Descrición:
Visto: 5449 veces
resized_1.jpg

clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 20:52
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

JuanBellas escribió:
Trazado da carreira.

Chámame a atención que apenas hai tramos nos que poidas manter un ritmo: case todo o tempo ou estás subindo, ou baixando, se ben é certo que as subidas non excesivamente fortes, aínda que tamén hai tramos algo mais complicados.

Outro detalle é que hai que facer ata 5 veces voltas de 180º grados, supoño que a través de conos.

Efectivamente, poñeranse conos para delimitar os dobles sentidos. O circuito como ben dis, é "entretido" máis tampouco duro de máis. Hai unha costa algo dura pero moi curta.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 5:26
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

clube_atletismo_fene escribió:


Efectivamente, poñeranse conos para delimitar os dobles sentidos. O circuito como ben dis, é "entretido" máis tampouco duro de máis. Hai unha costa algo dura pero moi curta.

Supoño que ese tramo duro, pero curto ao que te refires é o que hai polo km 2, xusto cando hai que facer outro cambio de sentido, ¿non?
pazolesky

Maratoniano
Maratoniano
14/01/13
0 Carreiras
688 Mensaxes
Fenés de adopción, pero de Ferrol
Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 12:49
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

JuanBellas escribió:
clube_atletismo_fene escribió:


Efectivamente, poñeranse conos para delimitar os dobles sentidos. O circuito como ben dis, é "entretido" máis tampouco duro de máis. Hai unha costa algo dura pero moi curta.

Supoño que ese tramo duro, pero curto ao que te refires é o que hai polo km 2, xusto cando hai que facer outro cambio de sentido, ¿non?

Asi é, é o que ten máis pendente.
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 22:14
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Aproveitamos para recordarvos que hoxe mércores é o último día para inscribirse na carreira. Saúdos!!
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 06 Set 2018, 20:59
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Buenas. No conozco mucho la zona pero tras un vistazo rápido con google maps no parece que vaya a ser fácil aparcar. ¿Sabéis si se va a habilitar algún "campeiro"? De no ser así... ¿por dónde recomendáis dejar el coche?
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 14:27
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Boas tardes:

Para aparcar tedes varias alternativas. Ante todo recomendamos vir con tempo.

O Concello de Fene habilitará mañá dous espazos, ambos moi preto da Festa Mariñeira e, por tanto da zona de saída/meta. Accédese baixando pola rúa Riveiroa (distínguese ben xa que é a que ten unha pancarta da Festa Mariñeira colgada que se ve desde a carreteira da Palma). Un é un campeiro e outro é abaixo nas antigas instalacións de Fondomar.

Sen embargo, recomendamos outras alternativas nas proximidades, pois non son moi grandes esos dous espazos: O Ramo (estación de tren, aparcadoiro do colexio,...), zona de o Camiñante (trozo de carretera antiga, detrás do parque dos bancos), ou mesmo dentro do circuíto na estrada do Peirao se pode aparcar (antes das 11:00 h xa que a esa hora pecharase o circuíto ao tráfico ata remate da proba). Tamén, algo máis lonxe, para vir trotando un pouco, na parroquia de Maniños podedes atopar sitios para aparcar na propia carretera da Palma ou na estrada que baixa desde Maniños ao Seixo.

Por último dar varios avisos, aínda que tamén se recordará mañá por megafonía:

- As duchas do pavillón de O Ramo estarán abertas ata as 14:00 h, de forma que todo aquel que queira ducharse e quedarse a comer na Festa Mariñeira dispoña de tempo suficiente.

- A entrega de trofeos e premios está prevista para as 12:30 h. Aqueles corredores que queden nas dez primeiras posicións, serán chamados por megafonía para facerlles entrega do vale de 20€ que dona o Concello de Fene para comer na festa mariñeira. Deben ter o dorsal no momento da entrega para identificárselles. Tamén, aínda que non está no regulamento, entregaráselle un diploma no podio aos tres primeiros clasificados de cada sexo da carreiras de "pequerrechos" e "medianos".

Por último desexarvos unha boa carreira e que disfrutedes do día, que ademais o tempo vai acompañar.

Deica mañá!!!
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 18:15
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

Boas tardes, comentarvos tamén que na proba absoluta se lles dará unha medalla recordo da carreira aos 150 primeiros corredores en chegar a meta. Sorte a tod@s!!
clube_atletismo_fene

Novo foreiro
Novo foreiro
14/05/17
0 Carreiras
12 Mensaxes
Fene
Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 18:15
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene

clube_atletismo_fene escribió:
Hola de novo, comentarvos tamén que na proba absoluta se lles dará unha medalla recordo da carreira aos 150 primeiros corredores en chegar a meta. Sorte a tod@s!!






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos