Lun, 17 Dec 2018, 20:49
Asunto: Re: I DESAFÍO GALAICO 2019
I DESAFÍO GALAICO 2019
PRESENTACIÓN.
Os organizadores do Desafío Oía, San Mamede “Desafío Solidario” e Desafío Vértice, veñen a presentar este proxecto:
Desafío Galaico, que terá a súa primeira edición no 2019. A idea nace como un proxecto de crear un trofeo para as mellores corredoras e corredores, que esten dispostos a disputar estas tres probas: tres Desafíos, con distancias e desniveis similares.
Cada proba ten a súa singularidade, dificultade, e incluso en canto á meteoroloxía, son distintas: poderase correr co mar de fondo no final do inverno, pasar pola esixente montaña ourensán onde a neve no San Mamede é un incremento da dureza, e terminar este Desafío correndo polos montes de Padrón co calor de comenzos de setembro.
PARTICIPACIÓN E INSCRICCIÓN.
Neste Desafío poderá participar calquera deportista maior de 18 anos cumpridos o día da 1ª proba (
Desafío Oía).
A inscripción será individual para cada proba, cun coste de 15€, manténdose as normas e regulamentos que cada unha delas poida ter.
Existirá a posibilidade de ter un desconto inscribíndose ás tres probas ao mesmo tempo, quedando neste caso a inscricción o Desafío en 30€ (o custe das tres por separado sería 45€).
Esta opción haberá que exercela ao inscribirse na 1ª proba (
Desafío Oía).
CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS E CALENDARIO.
Todas as probas estarán organizadas como ata agora, cas súas caracteríticas, sendo algunha delas proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña.
Distancias: sitúanse nos 21 kms
Desniveis acumulados: entorno ós 3.000 m.
1ª Proba
Desafío Oía
Data: 24 de Marzo 2109
Lugar: Concello de Oía
2ª Proba
San Mamede Desafío Solidario
Data: 19 de Maio 2109
Lugar: Concello de Maceda
3ª Proba
Desafío Vértice
Data: 07 de Setembro 2109
Lugar: Concello de Padrón
SISTEMA DE CLASIFICACIÓN.
En cada proba do
Desafío Galaico realizarase unha clasificación xeral por orde natural de chegada á liña de meta.
A maiores, todos os participantes sumarán un determinado número de puntos segundo o sistema de clasificación exposto a continuación:
O primer posto asignaranselle 100 puntos, a partir de haí restaranse de 2 en 2 puntos ata o 11º posto inclusive. A partir do 11º restaranse de 1 en 1 punto ata chegar á puntuación de 10 puntos, que se aplicará só coa participación na proba e finalizala.
As puntuacións faranse separando homes de mulleres, de xeito que a 1ª muller e o 1º home en entrar en meta obterán 100 puntos.
Disputada a última proba (
Desafío Vértice), farase o reconto de puntos das tres probas, saindo unha clasificación abosoluta das 3 corredoras e 3 corredores con maior puntuación. Destacar que non é obrigatorio correr as 3 probas para puntuar no Desafío Galaico, ainda que non facelo reduce as posibilidades de acceder o podium.
En caso de empate en postos de podium, resolverase o gañador tendo en conta a suma dos tempos obtidos polos corredores nas distintas probas.
No resto da clasificación xeral, podrán existir empates nun mesmo posto da clasificación, xa que non están afectados por premios.
PREMIOS.
A entrega de premios farase na clausura do Desafío Vértice, o 7 de setembro en Padrón (Praza de Macías)
Masculino absoluto:
1º Clasificado- 200€ + regalo conmemorativo
2º Clasificado- 150€ + regalo conmemorativo
3º Clasificado- 100€ + regalo conmemorativo
Femenino absoluto:
1ª Clasificada- 200€ + regalo conmemorativo
2ª Clasificada- 150€ + regalo conmemorativo
3ª Clasificada- 100€ + regalo conmemorativo
Oía, Maceda e Padrón, decembro de 2018