Sun, 02 Jun 2019, 8:40
Post subject: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 2019
Pois sobrevivimos a esta dura xornada de calor extremo, cando chegamos a Zas faltaban 30 minutos para o comenzo da carreira, é o termómetro marcaba 31º, recordabame a Palas/Melide dai uns anos.
Así que obxetivo, o mesmo que o daquela, rematar a carreira forzando o mínimo, ademáis tiñamos que comprobar o novo percorrido. Na saida informan que hai 3 avituallamentos, todos asentimos con satisfacción por elo.
Saida moi suave, baixando e llaneando, e ata o Km. 2 (un pouquiño por debaixo de 5' ) no que había unha subida ia cómodo de máis. A partir do 3 escomenzouseme a secar a garganta, (i eso que antes de sair bebera auga) non había maneira de tragar saliva xa que non a tiña, eu esperando pola auga, xa que dixeron o dos 3 avituallamentos, tería que estar cerca o primeiro. O único que apareceu foi o camión de bombeiros que nos regou un pouco, a auga non a deron ata ben pasado o Km5, boa falta que me fixo, ainda que loxicamente non estaba fría, ese foi o único abastecemento que tivemos. (único lunar da carreira), ainda que houbo outros 3 puntos de mangueiras.
Eu seguía ao meu ritmo, sen forzar nada, e ia adiantando alguns corredor@s, o circuito sorprendeunos gratamente, xa que houbo varios Kms. por pistas de terra e bastante arbolado, o que nos protexía algo do sol.
Para entrar xa pasado o Km. 8 por unha pasarela de madeira pegada ao río, alí o marido e unha filla da foreira Miote, que estaban no río mollaban a quen así o quería, foi o derradeiro estímulo para encarar a subida final que quedaba, para rematar con bastante forza ese treito.
Resumo da carreira, gran idea o cambio do percorrido, así fanno bastante máis rápido, alterna tramos de asfalto e terra e o paso a carón do río moi bonito.
Moitos coñecidos, foreiros e non, pero creo que a calor fixo que a asistencia fora menos que a de carreiras anteriores do circuito
O único negativo, o do avituallamento, díxeron que ia a haber 3 e só tivemos un, máis o habitual de meta, quero entender que o speaker se trabucou cos avituallamentos e se refería as mangueiras do concello. Boa falta nos faría outro botellín durante a carreira.
Próxima parada do circuito en 20 días na nocturna de Cee, a única que nunca corrín, correra hai moitos anos en Cee, cando as organizaba pola Costa da Morte o Correo Gallego, pero o percorrido por sorte non se parece o máis mínimo.
Un saudo.