Wed, 27 Mar 2019, 8:22
Post subject: Re: Media Maratón León 2019 (24 de marzo)
Corredor101 e Kurty comentarios moi certeiros.
Tardei un pouco en comentar porque estiven polas terras leonesas ata onte martes, recuperando e visitando a cidade, que sí xa a coñeceía pero había aniños que non estivera por aló.
Carreira recomendable, rapidiña e moi plano. Ten un perfil moi bo porque as pendentes e as baixadas son suaves e segundo dicían este ano aínda se cambiou un pouco para facela máis rápida.
Recordoume un pouco á media de Pontevedra, saída e chegada no estadio (co que implica ter a comodidade de aparcar, ducharse, gardarroupa, quencemento, etc... no mesmo sitio), servizos de "hinchables" e demais para cativos, cousa que se agradece.
Caeunos unha solaina considerable, 22 grados ao mediodía e fastidiou un pouco o "avituallamento" da chegada: -caldo e lentellas :), pero polo demais carreira moi recomendable.
Da miña carreira pouco que contar, ía de vacacións e tiña claro que non me ía privar de nada nin antes, nin despois da carreira así que tiña pensado "engancharme" ao globo de 1.35...afortunadamente recapacitei a tempo e collín o globo de 1.40 e fun con el ata a metade da carreira, despois adianteuno un pouco case sen querer para chegar en 1.38 a unha media de 4.40 que me permitiu seguir de turisteo pola tarde.
Anécdota, cando cheguei esperei ao pasar aa meta pola lebre de 1.40 para darlle as grazas e non sei con quen me confundiron que me entrevistaron na tele
:-D
No video a partir do 49:30
correenleon.com/2019-f...as-videos/