Foros ›
23ª TRAVESÍA A NADO RÍA DE CEDEIRA (10/08/19)
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
natacion

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/09/10
0 Carreiras
276 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2019, 12:47
Asunto: 23ª TRAVESÍA A NADO RÍA DE CEDEIRA (10/08/19)

PROBA PUNTUABLE PARA O CIRCUÍTO GALEGO DE AUGAS ABERTAS 2019

1. Organiza:
Concello de Cedeira e Federación Galega De Natación
Colabora:
Club Natación Cedeira Muebles García
Cedeira Sport
Arena
Cruz Roja Cedeira
Protección Civil Cedeira
Panadería Durán

2. Lugar, data e hora:
Lugar: Cedeira.
Data: Sábado 10 Agosto 2019.
Hora: 12:00 horas.
Entrega de Premios: 14:30 horas.

3. Categorías e distancias:

CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA APROX.
A 2010 e posteriores 50m 12:00
B 2008 e 2009 400m 12:10
C 2005, 2006 e 2007 800m 12:20
D NON FEDERADOS - 2004 e anteriores 800m 12:20
E Máster 1 1998 a 1984 2800m 12:40
F Máster 2 1983 a 1969 2800m 12:40
G Máster 3 1968 a 1954 2800m 12:40
H Máster 4 1953 e anteriores 2800m 12:40
I Absoluta 2005 e anteriores con licencia federativa 2800m 12:40


4. Regulamento da proba e de traxes de baño:
A proba rexerase pola Normativa FINA de Augas Abertas, pola Normativa de Competición de Augas Abertas da Federación Española de Natación e polo presente regulamento particular.
A proba estará controlada polo comité de Árbitros da Federación Galega de Natación, sendo a súa competencia a resolución de calquera cuestión ou recurso que apareza no desenrolo da mesma.
A proba estará incluída dentro do Circuíto Galego de Augas Abertas.

** Para as competicións en Augas Abertas cunha temperatura de auga desde 20 ºC os traxes de baño tanto para homes coma mulleres non poderán cubrir o colo, nin se estenderá máis alá dos ombros, nin por debaixo dos nocellos. Neste caso coas condicións especificadas os traxes de baño para competicións de Augas Abertas deberán ser feitos cos mesmos requisitos aplicables os traxes de baño usados en piscinas. A partires do 1 de xaneiro de 2017 para as competicións de Augas Abertas con unha temperatura da auga por debaixo de 20 ºC, homes e mulleres poderán utilizar traxes de baño téxtiles ou térmicos (wetsuits). Cando a temperatura da auga sexa inferior a 18 ºC, o uso de traxes de baño térmicos é obrigatorio. No que se refire a esta normativa, os «wetsuits»son traxes de baño feitos de materiais que proporciona illamento térmico.

Estes traxes de baño para homes e mulleres cubriran completamente o peito, costas, ombros e xeonllos. Non se estenderan mais alá do colo, os pulsos e os nocellos. Estas normas serán tamén de aplicación nas competicións máster de Augas Abertas.

5. Inscricións :

inscripciones.galitimi...=0&lang=es





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos