Foros ›
San Silvestre Vallecana 2020
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
14 Carreiras
363 Posts
Somewhere, anywhere, everywhere
Reply with quote Post Sat, 02 Jan 2021, 17:43
Post subject: San Silvestre Vallecana 2020

Esta era unha carreira desas que se teñen no punto de mira para participar algún ano, pero para este realmente perdera toda a esperanza, sobre todo despois de ver como foi o maratón de Valencia ou outras competicións reservadas só para profesionais invitados...

Despois anunciaron que tamén habería uns poucos dorsais para outros atletas con marca, pero recoñezo que as condicións nas que se ía celebrar a carreira non me convenceron nun principio... Estaba claro que non ía ser a Vallecana de toda a vida, pero por outro lado, desperdiciar esta oportunidade no ano das non-oportunidades...

Si, #VallecanaSóloHayUna pero xa haberá nun futuro (máis próximo ou máis lonxano) a posibilidade de vivila con decenas de miles de corredores, sexa a popular ou a internacional, ou as dúas... e #VallecanaComoEstaSóloHabráUna

Habería realmente 2 carreiras: a feminina ás 18:30 e a masculina ás 19:30. Un máximo de 250 corredoras e 250 corredores. 75 élite invitados e 175 por marca en cada unha. Para os homes sub 34 en 10k homologados; e mulleres sub 40. Parece ser que os dorsais masculinos se esgotaron nun par de horas... Eu entrei cos meu 31:13 de Valencia de fai un ano.

Á hora de inscribirse había que indicar unha franxa horaria de 1 hora desde as 8 ás 14 horas do 31 de decembro para recoller o dorsal, no hotel Rafaelhoteles de Atocha, onde primeiro tiñamos que pasar un test de antíxenos para recoller o dorsal. Días antes tamén contactaron cos corredores para proporcionarnos un Certificado de Movilidad e así poder desprazarnos nós e acompañante ou persoal técnico coa seguridade de ter ese "salvoconduto".

Unha vez feito o test, esperei como uns 15 minutos e despois recollín dorsais (con chip, nome en grande e número en pequeno para o peito; sen chip
con número en grande e nome en pequeno para a espalda). A bolsa do corredor non era bolsa, se non caixa, coa famosa camiseta de manga larga, coa palabra "internacional" na parte de atrás, de cor coral e co slogan de GoodBye2020; botella de RedBull, libro da historia da carreira, braga e mascarilla de tela...

O circuito esta vez serían 4 voltas de 2,5 km no ensanche de Vallecas, ao lado da cidade deportiva do Rayo Vallecano... Non había acceso para público, estaba todo valado arredor do circuito, e había 3 entradas: elite, mulleres con marca, e homes con marca. Dentro da miña zona, un espazo para quentar duns 300 metros se o bordeabas, e varias sub-zonas divididas por dorsal (do 51 ao 100, a miña do 101 ao 150, etc.) onde había unha pequena carpa que servía de "gardarroupa", onde nós mesmos pousábamos as mochilas.

Uns 20 minutos antes da saída tiñamos que estar nesa zona metidos, e ían chamando por número de dorsal e saíamos de un en un, disparados á recta de saída-meta, onde nos colocábamos de 4 en 4 nos puntos marcados. Foi divertida esta forma de colocarse, pero non así estar 15 minutos parados encima dun círculo co frío e aire que facía... Segundos antes da saída xa nos xuntamos todos e saímos xuntos, pero a contrapartida era que so podíamos desprendernos da mascarilla pasados 300 metros, incluso os elite, con ameaza de descalificación. (Eu prefería saír escalonadamente) e seguro que os varios que tropezaron e caeron na saída tamén. Por pouco me acaban tirando a min pero freei, esquivei e salveime...

A emoción da saída segue estando aí, e o certo é que o tiñan ben montado para dar un bo espectáculo, con speakers, música, luces, etc. Obviamente en Vallecas e en todo Madrid esta carreira é especial para eles e moitos se achegaron a mirala aínda que fora con bastante distancia, pero os ánimos e aplausos oíronse ben e agradecéronse.

Persoalmente o frío endureceu moito a carreira e era difícil correr todo o rápido que se podería nun 10k. Ademáis non era un circuito totalmente plano... Acabei con 32:08 e posición 75 de 213 chegados a meta, así que moi contento.

Ao rematar, máis ben polo frío, funme rapidamente recoller a mochila e abrigarme, e alí tiñamos o avituallamento post-carreira que recollíamos nós mesmo: auga, isotónica e redbull. Non houbo tempo para longas charlas post-carreira nin abrazos, aínda que de camiño á parada de metro si que me deron varias noraboas.

Foi unha gran experiencia e a parte de representar ao ao clube de atletismo Ría de Foz espero que non vos importe se dalgunha forma Correr en Galicia tamén estivo representado con orgullo!

Espero que este ano moitos populares de por aquí teñan tamén a súa oportunidade!
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
458 Carreiras
5725 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Sat, 02 Jan 2021, 21:32
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Muchas gracias por compartir y enhorabuena por la experiencia y la clasificación.

Esperemos que se pueda repetir pronto en condiciones normales y que conozcas el ambiente de la verdadera Vallecana, con público y populares. Que vuelvan los aplausos, las multitudes, la alegría, el ambiente, todo lo que ha hecho grandes a estas carreras famosas, tan festivas como deportivas (la San Silvestre, la Behobia, el maratón de Valencia...).

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4013 Posts

Reply with quote Post Sun, 03 Jan 2021, 16:22
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Igual que te dije en tu última maratón, te doy la doble enhorabuena.
Enhorabuena por ese tiempazo.
Y enhorabuena por haber podido participar en una carrera. En esta especialmente, ya que era tan difícil porque había pocas plazas y sólo para cracks como tú con buenas marcas.

Por otro lado, tengo una duda. Leí la noticia de que el ex-futbolista David Villa también corrió la San Silvestre este año. Por lo visto acaba de empezar a entrenar, no creo que tuviera marca por debajo de 34 minutos acreditada. De hecho hizo 38 (andaría por mi nivel más o menos). Llegan hasta el running los privilegios de los futbolistas profesionales?
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
665 Posts
Ponteareas
Reply with quote Post Mon, 04 Jan 2021, 12:07
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Ola:
Noraboa pola crónica, a participación con esa gran marca e o espíritu deportivo amosado novamente e compartido neste foro.

Saú2 de Rama desde Ponteareas
GUINEANO

Maratoniano
Maratoniano
6/11/09
0 Carreiras
409 Posts

Reply with quote Post Mon, 04 Jan 2021, 22:22
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Enhorabuena por la marca (sobre todo teniendo en cuenta el circuito que montaron) y por la experiencia.
Personalmente, te recomiendo volver otro año y correr la Internacional con el recorrido habitual;seguro que la Popular, ya solo por el ambiente, ha de merecer la pena, pero correr la Internacional, de noche y con la cantidad de público que hay en muchas zonas del circuito, es espectacular (hay momentos en los que parece que estás subiendo un puerto del Tour por la animación). Y el final dentro del estadio, aunque no tenga pistas de atletismo, también es especial.
Aparte de todo lo dicho, es rapidísima por el perfil que tiene, con muy pocas curvas hasta el km 8. Eso sí, hay que guardarse un poco para ese final en subida casi constante.
Envidia me das, que este año era un posible objetivo, pero la situación sanitaria y no llegar al sub 34 me lo impidieron.
Un saludo.
GUINEANO

Maratoniano
Maratoniano
6/11/09
0 Carreiras
409 Posts

Reply with quote Post Mon, 04 Jan 2021, 22:23
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Corredor 101, lo de los futbolistas retirados en el mundillo del "running" ya sabes que da mucho "caché" y es uno de los puntos negros, bajo mi punto de vista, del marketing de esta carrera.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
14 Carreiras
363 Posts
Somewhere, anywhere, everywhere
Reply with quote Post Tue, 05 Jan 2021, 11:50
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Gracias a todos vós coma sempre polas noraboas!

Por suposto que volverei para vivir a experiencia da Vallecana de verdade. De feito como son dous percorridos diferentes e a horas distintas, sería bonito participar nas dúas, incluso o mesmo ano se é posible... Pero non vou facer plans que xa vimos o ano pasado que non serve de nada.

Con respecto ao do ex-futbolista, a min tamén me resultou curioso e sinceramente vino fóra de lugar, tendo en conta que hai moitos corredores que se quedaron sen poder participar por non contar coa marca pedida. Paralelamente celebrouse unha carreira popular chamada algo así como "The Last KM" onde competiron uns 20 seleccionados por sorteo... Así que podían meter aí ao famoso de turno que consideraran... Non sería máis lóxico?

Tamén anunciaron que se completaran as prazas masculinas en 2 horas, pero sumando chegados a meta e abandonos non suman 250.

E outra cousa, se botades un vistazo ao regulamento:

www.sansilvestrevallec...cional.pdf

No artigo 10, sobre descalificacións,
"El atleta que no llegue a meta en el tiempo máximo estipulado (34 minutos, en el caso de la Nationale-Nederlanden San Silvestre Internacional masculina, 40 minutos en el caso de la Nationale-Nederlanden San Silvestre Internacional femenina) aparecerán como abandono o fuera de control en la clasificación final. "

Así que...
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4013 Posts

Reply with quote Post Sat, 09 Jan 2021, 6:42
Post subject: Re: San Silvestre Vallecana 2020

Ya veo, o sea, que le invitaron por su cara bonita.

Pues qué cabrones, porque mira que yo soy guapo y a mí no me invitaron.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum