Sun, 13 Jun 2021, 5:41
Post subject: Conversa no Fediverso [editado}
Editado:
Ante o _fracaso_ da convocatoria inicial, o proxecto foi abandonado, quedando só como unha conta en
mastodon.gal/@correrengalicia (estilo istagram ou X)
e agardando que en
foros.fediverso.gal nos fagan sitio.
Ola!
fonte:
@correrengalicia
Primeira mensaxe no
foro/comunidade de persoas de
Correr en Galicia no fediverso.
Esta é unha comunidade aberta, de
acceso público para poder compartir coas nosas amizades. Sen
publicidade, nin notificacións molestas, nin ducias de emails, ...
Ao igual que no antigo foro
Correr En Galicia este lugar ten como obxectivo ser un
punto de encontro grazas á natureza aberta e descentralizada das redes agrupadas no
Fediverso
logotipo do antigo Correr en Galicia.
Como funciona esta comunidade?
Precisas
unha conta no fediverso, preferiblemente nun
servidor de Friendica, pero poderás interactuar coa maioría das ferramentas (comentar, responder, aportar, ...) con unha conta en calquera servidor do
fediverso, sexa
mastodon, pleroma, hubzilla,... incluso Diaspora*.
Este
foro/comunidade só está ligado ao antigo
foro Correr en Galicia polos vínculos de tantos anos alí creados polas
persoas.
ESTE FORO NON PERTENCE A UNHA PERSOA. NIN DEPENDE DE UNHA PERSOA.
Este foro é un
punto de encontro, a comunidade fórmana as
persoas que participan dela e, de xeito libre, poderían establecer
outro punto de encontro noutro lugar do fediverso sen máis que así decidilo. Ou simplemente decidir establecer outro tipo de grupos, como un clube,
unha vila, ou de xeito persoal. A túa conta no fediverso é túa, non tes que
depender da vontade dunha empresa ou persoa.
Non pretende substituír nin replicar o funcionamento do foro anterior, debido á diferente natureza da plataforma que utiliza. Aquí tamén podemos ter un Calendario, mensaxes máis directas,... explora tódalas ferramentas que proporciona friendica (o fediverso).
Aquí, no fediverso, os vínculos e relacións non dependen de unha
única entidade central, se non que pola súa natureza descentralizada podemos participar desde o servidor que queiramos (incluso un propio!!).
O respecto entre as persoas é piar fundamental dunha comunidade sana. Nun foro tradicional correspondía á administración e moderación do foro velar polo respecto mutuo. Aquí, o deseño da plataforma federada permite poñer nas mans das persoas participantes o tipo de relacións que se establecen, a privacidade das publicacións, acalar contas, denunciar abusos, ...
AQUÍ TES UN ARTIGO (en inglés) PARA COÑECER UN POUCO MELLOR CÓMO FUNCIONA FRIENDICA.
Experimenta!! Participa!! é o mellor xeito de aprender, non vas a
romper nada XD
Comenta coas túas amizades acerca desta comunidade LIBRE de publicidade, con
aplicacións móbiles dispoñibles, amplamente configurable ao teu xeito, con respecto polas persoas que a utilizan.
Como participar
As relacións son entre
persoas, polo que a conta @correrengalicia@libranet.de
actúa como foro para as persoas, que, se así o quixesen, poderían establecer a relación de xeito directo entre elas, sen necesidade de usar intermediarios, e sen facer partícipe a ninguén máis. Así, actuando de nexo,
unha persoa que non segue a outra (que non son contactos) podería ver información da segunda lendo ao foro.
Para que as persoas
que son contacto de @correrengalicia@libranet.de vexan directamente a túa mensaxe:
- Se tes unha conta nalgún servidor de
Friendica,
para publicar unha mensaxe visible para tódalas persoas do foro debes incluír na mensaxe a
@correrengalicia@libranet.de ou !correrengalicia@libranet.de
A mensaxe ten que ser
pública.
atención ao signo "!".
Este é o xeito para iniciar unha conversa. Se estás
respondendo entón serán visibles
automáticamente nas respostas se a mensaxe inicial estaba marcada como
pública.
- Se escribes desde outro tipo de lugar no fediverso (pleroma, diaspora, mastodon,...) entón tes que usar @correrengalicia@libranet.de
Se queres abrir un
Diario de Adestramento
- fai unha primeira publicación pública co título que lle queiras dar
- cita a @correrengalicia@libranet.de
- publica posteriores entradas no teu diario respondendo ao fío da publicación (como nun foro).
podes escribir as entradas do blog de xeito
independente unhas das outras e as túas seguidoras recibiran as entradas, pero se queres que se vexan
a través de este foro (lembra: esto é un punto de encontro como outro calquera) deberás citarme dentro da mensaxe.
As mensaxes están ordenadas de xeito
cronolóxico descendente, polo que as máis novas serán máis visibles. Non hai mensaxes
patrocinadas
Non deixes de ler os
Consellos para novos membros e anímate a participar.
Establecer relacións
Aínda que nos ligue a afición a #correr, tódalas persoas corredoras somos
mais que corredoras.
A túa conta no fediverso serve para relacionarte con todo tipo de ámbitos.
Hai varios xeitos de atopar persoas e temas de interese:
Utilizando as #etiquetas verás a xente que comenta sobre esos temas
Mirando quen segue e a quen seguen as túas relacións, se son públicas, quizás poidas atopar xente afín.
Do mesmo xeito se atopas alguén citado/a nunha conversa podes facer click no seu perfil para ver que temas soe comentar.
Existen proxectos que actúan como buscadores e directorios no fediverso. Entre eles:
Trunk:
communitywiki.org/trunk un directorio de inclusión voluntaria onde hai unha lista de temas e persoas que comentan sobre eles. Navega polo directorio e atopa xente afín á que seguir/conectar.
Social Search:
search.noc.social/ é un buscador.
Moitas instancias teñen un directorio público onde aparecen contas destacadas e contas recomendadas.
Exemplos:
en Pixelfed
pixelfed.social/discov...ood?src=tr
outra de pixelfed
pixelfed.de/discover/tags/running
ou instancias Mastodon
mastodon.social/explore
mastodon.madrid/explore
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
Last edited by ghose on Tue, 27 Feb 2024, 5:53; edited 1 time in total