Foros ›
II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Dec 2021, 12:26
Asunto: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN



O Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago e o Concello de Brión, co-organizan a II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN, que se celebrará o Domingo 2 de Xaneiro de 2022 a partir das 10:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).

INSCRICIÓNS: cutt.ly/6YGB1le // Máximo 300 participantes

PREZO: 5€ + 1k de alimentos // A recadación en metálico será doada integramente a ART for DENT , unha Asociación sen ánimo de lucro que nace a iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión, con nenos afectados pola enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais do riles. Os alimentos recollidos irán ao banco de alimentos municipal de Brión.

CIRCUITO: 7Kms aprox. (90% camiños de monte), dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira.

DIFICULTADE: Media // 320m. de desnivel positivo aprox.

HORARIO: A saida das persoas participantes será en grupos de 4 persoas, comezara as 10h. por alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada grupo.

TROFEOS: 3 primeiras mulleres e 3 primeiros homes que realicen o percorrido no menor tempo posible. Trofeo ao equipo mais numeroso.

A INSCRICIÓN INCLÚE: Seguro de responsabilidade civil e de accidentes // Servizos médicos e de ambulancia // CHOCOLATE CON CHURROS AO FINAL DA PROBA //

Consulta o REGULAMENTO COMPLETO DA PROBA: cutt.ly/DYGBHs1
.
.
Hyupersa Santiago
Concello de Brión
BeOne Fitness & Sport
Federópticos Pontecastro
Adrian Garcia
Los Angeles Gas
Centro Fisioterapia Osteopatía Adriana Lorenzo#FISIOMACIA
Oxypro Nutrition
Comercial Nachovirtual3.0 y Oxypro Galicia
Tenweeks.run
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3684 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Dec 2021, 20:51
Asunto: Re: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN

Ainda que o ano pasado me inscribira, e non puiden acudir por que pecharan o meu concello perimetralmente uns días antes, este non teño moi claro que me anote, xa que ten moita costa e cos Kiliños de máis que teño e ainda non empezamos o Nadal, non sei como levarei tanta subida.
Teño de plaza ata o 27 para meditalo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3684 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Dec 2021, 19:10
Asunto: Re: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN

De pena, que se aplace unha proba, que se celebrou o ano pasado cunha situación sanitaria moito pior, moitos máis falecidos diarios (centos cada mes en Galicia) e ingresos hospitalarios que había daquela e múltiples restriccións de móvilidade e peches da hostelería.
Como me estaba temendo algo estiven agardando e íbame a inscribir agora e na páxina xa non me dou a opción.

A ver se non cancelan a S. Silvestre de Santiago na que me vou a inscribir agora.

Un saudo.
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 28 Dec 2021, 17:34
Asunto: Re: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN

Home, tal como está a situación do virus en concreto en Brión (onde se iba a celebrar a proba) penso que é o máis normal...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos