Sun, 12 Jun 2022, 10:45
Post subject: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Pois onte voltamos a correr por este marco incomparable. Como na edición do 2019 derradeira que fixeron, saida dende o outro icono de Carnota a carón do seu horreo.
Saida cara arriba uns mts. e despois baixada cara a praia, cando levamos algo máis de 1'5 Kms. entramos na area seca e a buscar en canto podemos a area compacta e húmeda, nesa primeira tirada levamos o vento a favor polo que non costa nada correr, cando nos cruzamos cos primeiros que xa deron a volta, comprobamos como van freados polo aire.
Chegada a banderola e xiro, e xa notamos que o aire sopla con moita forza, incluso por veces levanta areas que doen un pouco ao impactarnos, ese traxecto faixe moi lento e longuisimo, parece que a banderola do outro xiro estase afastando de nos. Un pouco antes de chegar a ela temos que cruzar un regato que nos cubre os tenis, xiro ralentizado xa que a area esta moi branda e xa levamos máis de 6 Kms feitos, novo cruce do rio e agora xa corremos algo máis comodos.
Pequeno sufimento na area seca ata coller a pasarela de madeira uns mts. de recuperación e xa podemos correr por asfalto que vai picando cara arriba, cruce por diante da igrexa, e sorpresa (xa non me acordaba do 2019 e coma a min a moita xente), non entramos directos, se non que encaramos unha pequena subida pero dura para entrar por onde partiramos.
Moi contento por correr unha vez máis en Carnota, sensacións bastante boas pese a facer un pouco menos de 49' netos e a agardar pola próxima do circuito.