Dom, 03 Xul 2022, 18:57
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
3ª Participación en CEE, ainda que a primeira ocasión fora no 2007, cando o Correo Gallego, patrocinara unha serie de carreiras pola Costa da Morte, cun percorrido totalmente distinto.
Onte non era o día máis indicado para correr, xa que viña dunha comilona cos amig@s da xuventude, pero alí cos deixei tomando os dixestivos e eu tirei cara Cee cos compañeiros de clube.
Tarde/noite ventosa e fría, despois dos trámites de rigor para a liña de saida, da parte traseira coma sempre e con gañas de correr, xa que as 6/7 derradeiras carreiras as que fun non tiñan un perfil nada favorable.
A primeira volta para toma de contacto co circuito, que consta de 3 subidas (cas respectivas baixadas), a primeira a máis suave ainda no casco urbano e as outras son a mesma en dirección de ida e volta.
Vou moi cómodo nesta 1ª volta correndo en torno a 4'40, na 2ª sigo igual ata que o pouco colleme un compañeiro de club e aumento o ritmo para ir con el, turnandonos na cabeza para protexernos do aire, ritmo medio de 4'37" seguimos xuntos na 3ª, pero vou forzado e na 2ª costa do circuito soltome uns mts., pero non moitos, pero a derradeira costa un pouco antes do Km.9 faixeme dura, recupero no comenzo da baixada e aumento o ritmo considerablemente como a maioría dos corredores. chegando nun tempo oficial de 46'46", gratamente sorprendido co ritmo final.
Facendo as 3 voltas en progresión 15'54", 15'32 e 15'20'.
Agora a agardar 2 semaniñas pola próxima do circuito, que toca en Muxía.