Thu, 29 Sep 2022, 15:23
Post subject: Re: Maratón Atlántica Coruña 42 (2/10/2022)
JuanBellas escribió: |
Está claro que eses descontos non nos ían quitar de pobres, pero son detalles que se agradecen, e marcan as diferenzas entre unha boa proba e unha proba excelente. |
Efectivamente. Nin nos sacan de pobres nin pagamos de inscripción 100 euros como en Valencia, por exemplo, onde dalgunha forma pagas (de sobra) todos eses "extras". E ademáis, no meu caso por exemplo, compartimos coches 3 persoas e ainda que toque pagar parking tampouco nos come o demo. Sen embargo, non somos moitos os sufridos maratonianos, dos cales moitos imaxino que xa son de Coruña (non sei se hai transporte público gratuíto co dorsal...), co cal sería un detalle que tampouco fundiría as arcas municipais, que compensaría de sobra por boa imaxe, pero bueno, qué se lle vai facer! Outra cousa a poñer en "cousas a mellorar".
Por certo, non sei vós, pero eu é a primeira maratón que corro que arrinco de noite (e creo que é a décima na que participo). Imos ter que levar os frontais?