Foros ›
II carrera solidaria jealsa boiro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2022, 20:50
Asunto: Re: II carrera solidaria jealsa boiro

Hoxe tivemos unha boa mañán para correr, chegada con tempo a Boiro estaba a piques de dar a saida da andaina, recollida áxil do dorsal xa que non fomos moitos, só rematamos 114 e para un bar para que almorzaran as miñas acompañantes, eu xa o fixera na casa.
Cando quedaban 25 minutos funme preparar, 15 minutiños de quecemento e para a parte traseira do grupo, como xa correra a 1ª edición e tiña en mente que a 2ª parte da carreira era bastante máis dura, polo que saín reservón.
Os primeiros 5 Kms, só teñen unha costa reseñable sobre o 2º Km.
Pero a partires do xiro ao pouco de pasar o km 5. temos unha subida prolongada, a primeira parte dela levadeira, pero a segunda con bastante desnivel e despois o que queda xa é máis rompepernas con un derradeiro km. que vai picando case todo cara riba e que se corresponde co 1º da carreira.
Contento co resultado xa que me sae polo Gps a un ritmo de 4'37"7 para 10050 mts. que me marcou.
Bo avituallamento final e contento por participar e colaborar nesta causa solidaria, agardemos que sigan facendo máis edicións e poder asistir.
Josekioto

Maratoniano
Maratoniano
29/12/12
0 Carreiras
321 Mensaxes
BOIRO
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2022, 16:49
Asunto: Re: II carrera solidaria jealsa boiro

Gracias ..esperamos contar contigo el próximo año y hacerla claro esta





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos