Foros ›
IV edición 10k Monterroso 2022
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Monterroso

Novo foreiro
Novo foreiro
2/01/20
6 Carreiras
9 Mensaxes
Monterroso
Respostar citando Envío Dom, 21 Ago 2022, 21:38
Asunto: IV edición 10k Monterroso 2022

A cuarta edición da carreira 10K Concello de Monterroso 2022 está en marcha. Acaba de abrir o prazo de inscrición que se celebrará o Domingo 11 de Setembro pola mañá.

O evento que organiza o Concello de Monterroso en colaboración co colectivo Correr en Monterroso trae varias novidades. Por unha parte un percorrido menos esixente o de anos anteriores para que sexa máis asequible a todos os niveis.

O percorrido está pensado para facer mais levadeiro os cambios de desnivel que forman parte da orografía de Monterroso. Os participantes da 10k e da andaina pasarán por pequenas aldeas co encanto da arquitectura popular e desfrutando das sombras de árbores frondosas tan propias da paisaxe da Ulloa. Como xa é costume incluiranse carreiras por equipos e trae como novidade a recuperación da clasificación individual para os maiores de 65 anos.

Xunto coa carreira, organizase paralelamente unha andaina de 5km para toda aqueles que os 10km se lle faga moito e probas para os mais pequenos con distancias de 100m, 500m e 1000m en función da idade dos participantes.
A inscrición é gratuíta na andaina e nas probas dos menores de idade. Para a proba de 10k o custe será de 7€ ata o día 28 de agosto e 10 dende o 29 ata o día 6 de setembro data na que se cerran todas as inscricións. O evento ten prazas limitadas polo que dende a organización recomendan inscribirse xa estes primeiros días.

A carreira, que forma parte do circuito Miño-Ulla 2022, vai colaborar con Recycling bicicletas solidarias, coa colocación dun punto de recollida de bicicletas, camisetas deportivas, gymsacks, zapatillas e outros materiais deportivos para o seus proxectos solidarios.

Os percorridos, prazos, horarios das probas e máis información da carreira pode consultarse na web www.correrenmonterroso.es

Durante estos días xa se están publicando info da carreira no perfil de facebook www.facebook.com/correrenmonterroso

Esperámosvos en Monterroso!!
susodito

Novo foreiro
Novo foreiro
18/02/18
21 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Ago 2022, 19:18
Asunto: Re: IV edición 10k Monterroso 2022

Un pracer para calquera da Ulloa que volva a 10k de Monterroso. O circuito antigo tiña parte que me encantaban pero o novo xa o probei este fin de semana é non ten nada que ver....Hai subidas e baixadas....pero nada que ver coa dureza de algunha partes dos antigo. A min persoalmente gustoume moito e sobre todo a paisaxe... moitas zonas con carballos a beira do circuito.
Acabo de ver as fotos que colgaron no perfil de facebook e a verdade que lle fan xustiza!!
www.facebook.com/correrenmonterroso
O 11 de setembro se non hai imprevistos estarei na liña de saída!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4697 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 08 Set 2022, 13:37
Asunto: Re: IV edición 10k Monterroso 2022

Otra carrera que toca conocer,amén de el pueblo en sí,que nunca me he dejado caer por esa zona.........
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4697 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2022, 13:37
Asunto: Re: IV edición 10k Monterroso 2022

Ya de vuelta,carrera con cuestas,con calor y afortunadamente con bastantes sombras,paisaje bonita como habían comentado,buenas duchas y pinchos al terminar,no se puede pedir mas,agradecer al Concello estas iniciativas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos