Ven, 08 Dec 2023, 17:36
Asunto: Re: X Maratón Atlántica C42
As carreiras pedestres penso que están consolidades dabondo na nosa sociedade como para que formen parte da listaxe de servizos ofrecidos polas localidades de certa relevancia.
Desculpade, engado, o obvio do meu speech.
Unha vila pequena tería a súa carreira popular, o o seu circuíto, ou a súa carreira de montaña de ser o caso. Unha vila grande tería todo o catálogo: milla popular, cross, 5 e 10K, media maratón e, por que non, maratón. De non contarmos co básico na comunidade non penso como sería posible pensar noutras cousas como 50K, 100K ou 24 horas.
Fixen tres veces a maratón de Coruña e son outro dos que agarda a nova da apertura da inscrición dunha maratón en Galicia.
Saúdos!