Foros ›
10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Xuñ 2023, 15:02
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Rescato este tema que é o da edición deste ano, para a cal non queda caseque nada.
A ver que climatoloxía nos imos a atopar para o 17, nas previsións en principio van dar bastante calor. Enfadado
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
134 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 9:04
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Kurty escribió:
Rescato este tema que é o da edición deste ano, para a cal non queda caseque nada.
A ver que climatoloxía nos imos a atopar para o 17, nas previsións en principio van dar bastante calor. Enfadado
Boas parece que podemos ter chuvia tamen...vai estar interesante a proba.... Muro
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 9:59
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Boas,
nos 21k hai un incríble cartel de corredores/as... pero como andamos de nivel no 6k? Máis que nada por saber se hai posibilidades de algo para os que non somos máquinas Sorriso
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
377 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 11:58
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

No 6k, o ano pasado quen gañou foi a un ritmo de 3:40... Este ano imaxinome que será similar.

O último tuercebotas/ Ad Cerne
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 13:07
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Non sei se podería comparar ó ritmo dun 10k asfalteiro (no que rondo ese ritmo), xa que é menos distancia pero parece que ten un perfil un pouco puñeteiro, sobre todo ó final. En fin, intentaremos dar guerra Sorriso
alejo4

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/06/18
30 Carreiras
69 Mensaxes
Pontedeume
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 15:02
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Xpab sobre todo o final e bastante puñeteiro,pero imaxinome que si rondas eso nun 10 k en 6 non deberias ter problema,pero bueno eu faloche desde a persepectiva de levar 4 medias ahi en melide e xa ves con 15 km nas pernas para eses 6 finais pero si aue son duros,moito animo
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 15:27
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

A miña marca en 10k é aproximadamente 36 min, pero bueno, hai que ter en conta que non é chá, que non estou en pico de forma, o día que esté (a calor, a min... pufff). Vaia, que xa teño excusas de antemán Sorriso

Moitas gracias pola info, terei coidado con ese final, e ánimo tamén a vós.
Andre_Saffin

Novo foreiro
Novo foreiro
27/04/15
53 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xuñ 2023, 8:10
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Boas, este ano é a miña primeira participación nesta proba, concretamente na de 21km.
Espero sexa unha experiencia bonita e que se deixe desfrutar pese a ser esixente.
Quixera preguntar qué nos agarda á volta en Melide, non sei se o post carreira con premios etc é en Palas ou en Melide. Alguén sabe algo máis porque no regulamento non atopei moito añso re esto? Cómo foi outros anos?
Gracias!
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xuñ 2023, 11:15
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Ola,
Toda a postcarreira é en Melide. Duchas incluidas.
Sorte!
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
134 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xuñ 2023, 12:11
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Andre_Saffin escribió:
Boas, este ano é a miña primeira participación nesta proba, concretamente na de 21km.
Espero sexa unha experiencia bonita e que se deixe desfrutar pese a ser esixente.
Quixera preguntar qué nos agarda á volta en Melide, non sei se o post carreira con premios etc é en Palas ou en Melide. Alguén sabe algo máis porque no regulamento non atopei moito añso re esto? Cómo foi outros anos?
Gracias!

Boas, o Post-Carreira e expectacular!!!! mellor Vivila que Contala....vemonos o Sabado..... Moi feliz Moi feliz
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Xuñ 2023, 21:15
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Números de dorsal asignados e as previsións metereolóxicas non dan choiva nen moito calor a hora da carreira 22º.
Veña que non queda nadiña para correr Os 21-
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
377 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Ven, 16 Xuñ 2023, 17:55
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Vemonos mañá. Disfrutade do día!

O último tuercebotas/ Ad Cerne
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
134 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Xuñ 2023, 7:37
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Pois outra edición sufrida e disfrutada.... Dar a noraboa a organización polo seu traballo antes, durante e despois da proba...Moitas Gracias!!!! Aplauso
Felicitar a todos os participantes e xa pensando no ano que ben.... Bailar

PD. Facia tempo que non miraba tanta xente usurera que non participou na proba arrasando platos e platos de comina na post carreira... Esta claro que españa Is Diferent... Enfadado
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Xuñ 2023, 13:53
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Noraboa á organización. Cuarta participación e semella que esta carreira é cada vez máis bonita. Hai máis carballeiras agora????? Tamén, como ben dixo Micholox, unha pasada a postcarreira e a xente de fóra arramplando. Pero a organización non pode facer nada contra a xente sen educación. Eu pola miña parte dar as gracias por permitirnos desfrutar de novo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Xuñ 2023, 17:45
Asunto: Re: 10ª Os 21 do Camiño Palas-Melide [17/06/2023]

Unha das 2 carreiras inexcusables do meu calendario particular (sempre que logre o dorsal, ca cousa estase poñendo dificil).
Cheguei con tempo a Melide e xa collín o pouco un dos buses, 1 hora antes da carreira estaba en Palas, así que tras recoller o dorsal, fun a un bar a tomar algo e prepararme, despois de deixar a bolsa no gardarroupa xa non quentei como quen di xa que escomencei a saudar a coñecidos e 5 minutos antes da saida a tomar sitio, impresionante coma sempre os instantes previos a partida.
Comenzo dificil xa que os primeiros Kms. son duros, creo que vou algo máis rápido do que debía, pero atópome moi ben, sobre todo nas subidas, as baixadas procuro recuperar un pouco, sendo unha constante que adiante ou sexa adiantado según a ondulación do terreo.
Despois do primeiro avituallamento ven a subida que sempre se me atraganta e a partir de ahí decido regular un pouco na espera da cronoescalada, a cal levo moi ben ata os derradeiros mts. que se me fan eternos, ata pasar a subida, levo un ritmo de 4:50" parece que recupero bastante ben e agora escomenzamos a restar Kms.
Pero a partir do 16 ainda que tomara un xel un pouco antes, noto que nas subidas vou atrancado, (como moitos corredores), ainda que non nos fixo un día moi caluroso, había unha sensación de bochorno enorme.
Xa estamos chegando a Furelos, paso reconfortante polo lugar, pero sabendo que todo o que falta é subir, así que toca "reductora" baixo a cabeza e pouco a pouco ata chegar a meta cun crono de 1h45'47" oficial, moi contento, son 11 minutos máis ca miña mellor marca ahí (a cal non me acercarei máis) pero case 7 minutos menos co ano pasado.
Rematei moi fatigado e necesitado de beber e sentarme a recuperar, despois do cal decidín ir a comer algo e o certo é que sentinme incómodo ca situación, todos, corredores e non corredores apiñados e botándonos a rapiñar algo das bandexas.
Respecto o que comentades de non corredores "merendando" a costa da organización e algo que me extrana, pero cos anos que levan creo que é algo contemplado e consentido pola mesma, un día de festa no pobo, non sei como é Melide un Sábado tarde/noite pero o ambiente é espectacular nos arrededores da zona.
Ainda fun andando a ducharme e cando voltei para ver a entrega dos premiad@s ainda collín unha cervexa que non bebera antes e uns anacos de pan con xamón e un pedazo de queixo, polo que existencias creo que houbo.

P.D.: É sensación miña, ou cada ano alonxan un pouco máis Melide de Palas. Silbar Silbar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos