Fri, 10 Mar 2023, 7:01
Post subject: IV Trail e Andaina Ribeiras do Tambre [02/04/2023]
O Concello de Ames organizará o domingo 2 de abril de 2023 a IV edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre.
O IV Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:
10:00 h TRAIL 16 km aprox. Ponte Maceira
10:05 h ANDAINA - 15 km aprox.
Saída de Ponte Maceira, chegada no Real Aeroclub de Santiago (instalación en Ameixenda (Concello de Ames)
Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda - Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte Maceira a partir das 08:15 horas.
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub.
Inscricións e reglamento en:
www.rockthesport.com/e...-do-tambre