Foros ›
XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3684 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Xul 2023, 17:18
Asunto: XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07

Ainda que tiña pensado ir ese mesmo día a nocturna de Baio, case seguro que me decantarei por ir a esta, a cal nunca corrín, xa que quedei ca muller en ir pasar o sábado fora da casa e coincide que o luns 17 fomos pasar o día pola Costa da Morte con paradas en Zas e as Torres do Allo (recomendable e con visita gratuita), Vimianzo, Arou, Camelle e un par de horas na praia de Laxe, (maravillosa por certo).
Así que tiraremos cara a outra banda, provincia de Pontevedra e a noite faremos o debut nesta carreira, estiven mirando no foro doutros anos e parece ser que é un percorrido de 3 voltas chanciñas, coincidindo en parte co da extinta media maratón de Vilagarcía e só 5 € de inscripción en championchip e 177 inscritos conmigo nestes momentos para o 10 K.
Se alguén que a correu quere comentar algo, agradecese.

ccnorte.com/evento/det...vilagarcia
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Xul 2023, 19:35
Asunto: Re: XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07

Boas! Nos á idea tamén é ir á Vilagarcía. Nunca a corrín así que o meu fillo pasarao ben na súa de menores e eu na de 10.
Veremos que tal!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3684 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Xul 2023, 18:16
Asunto: Re: XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07

Acabo de ver en championchip, que xa están asignados os números de dorsal e no 10 K. somos 260 inscritos, que é un nº xeitoso de corredores.

Vémonos mañán.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3684 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Xul 2023, 19:50
Asunto: Re: XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07

Carreira chula a de onte , despois de xantar saimos de casa e fumos con calma cara Vilagarcía e as 16:30 estabamos na praia, a cal lle demos uns cantos paseos e despois a facer tempo na area agardando pola hora da saida.
As 21 h. recollida de dorsal e ainda demos un bo paseo pola cidade vendo o exterior do Pazo de Vistalegre e zona colindante moi bonita toda ela e que non coñecíamos.
Deixei as cousas no gardarroupa e un breve quecemento de 5 minutos, xa que coma case sempre sain de bastante atrás para ir collendo ritmo progresivamente.
16 segundos despois de dar a saida paso pola liña e activo o gps, temperatura máis que agradable para correr e un pouco de aire nunha parte nas voltas cara Vilagarcía na 2º e 3ª volta, problema que tiven durante toda a carreira, que os anos non perdoan e a presbicia fai estragos, así que non via con claridade os ritmos os que corría, intuia que todos salvo o 1º iba por debaixo de 4'30, tempo no que quería correr.
E pese a ser 3 voltas fixoxeme moi amena a carreira, chanciña de todo, pero con varios xiros de 180º en cada volta que ralentizaban moito o ritmo.
Unha medida bastante axeitada, xa que me dou 10130 mts., non forzando demáis no derradeiro Km, xa que non tiña a ninguén cerca nin por diante nin por detrás.
Moi contento co tempo final neto de 45'01" , sain da ducha ainda sudando e como facía tan boa noite ainda quedamos a picar algo pola zona de tapeo.
A agardar pola próxima carreira veraniega, que posiblemente sexa a de Lira (Carnota) o día 12 de agosto.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Ago 2023, 13:26
Asunto: Re: XIX CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 29/07

A min gustoume. Sei que hai xente que o tema de dar tres voltas non lle gusta. A min si. Ao fin pasas por onde hai.ambirnte, o cal dache azos, e non por sitios como en moitas carreiras que non animan nen as farolas Ademais , coma no meu caso, se vas con familia pois poden seguirte máis e faiselles mais amena a espera. Pero é cuestión de gustos claro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos