Foros ›
IX MEDIA MARATON RIBADEO. AS CATEDRASI 16/09
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
453 Carreiras
3591 Posts

Reply with quote Post Tue, 12 Sep 2023, 19:10
Post subject: IX MEDIA MARATON RIBADEO. AS CATEDRASI 16/09

Pois sorprendentemente non hai tema aberto, salvo que me fallara o buscador.
Pois despois de moitos anos de ausencia vou voltar a correr esta media, non tiña moi claro si ir, pero como 3 días despois da media de Viseu, atópome moi recuperado imos ir a disfrutar desta carreira.
A cal ten bastante dureza, pero tamén corremos por unhas paisaxes moi fermosas que o compensan.
A isncripción remata hoxe e conmigo que me acabo de anotar hai 719 inscritos, un número máis que xeitoso.

ccnorte.com/evento/det...catedrais#
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
240 Posts

Reply with quote Post Thu, 14 Sep 2023, 4:37
Post subject: Re: IX MEDIA MARATON RIBADEO. AS CATEDRASI 16/09

Al final 729 inscritos.
Yo no voy a correr pq sigo mal y esta semana, no se pq, tengo más inflamada zona cadera pero ahí estaré acompañando a mi marido y animando.
He visto varios vídeos y me parece muy chula
A ver el tiempo si acompaña.
Suerte a todos!!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
453 Carreiras
3591 Posts

Reply with quote Post Tue, 19 Sep 2023, 20:08
Post subject: Re: IX MEDIA MARATON RIBADEO. AS CATEDRASI 16/09

Fin de semana climatoloxicamente perfecto, daban choiva e nos que chegamos o sábado pola mañán non pillamos nada de nada, adiantouse e caeu o venres pola tarde e a madrugada do sábado.
Como non as tiña todas conmigo, por correr unha media durecha, xusto o sábado anterior, non quentei máis que os 400 mts que hai dende a casa dos meus cuñados ata a saida.
Gran ambiente o que se respiraba pola zona de partida, unha chea de corredores, ainda que eramos 729 inscritos, só rematamos 523, máis outros 5 entre descalificados e que non remataron.
Saida de bastante atrás, caseque 30" ata o paso baixo a pancarta e a tratar de coller ritmo, os 3 primeiros Kms, son polo pobo e moi chanciños ou en baixada, pero o paso do Km. 3,200 escomenza a subida que lle chaman a costa de Calvo Sotelo, xa que ahí está a casa do expresidente do goberno, son uns 400 mts. durechos, pero ainda segue picando para riba outros 200 ata o paso pola capela, seguimos todo por asfalto ata o carón do faro da Illa Pancha, ahí cruzamonos cos outros corredores e xa toca encarar o percorrido pola costa, a partir de aquí xa alternamos o asfalto cas pistas de terra, nas subidas e baixadas precaución, xa que hai moita pedra solta.
E xa é constante un rompepernas total, impresionante coma sempre o paso por Rinlo, moita animación co engadido este ano duns mozos que debían estar de despedida (volvín a velos nunha terraza pola noite cando saimos de cear do restaurante) vaia jolgorio que facían animando.
A partir do km16 empecei a sentirme cansado, así que nas baixadas tentaba recuperar, no paso polo Km 18'9 estaban as miñas sobriñas animando a rabiar, xa que estaban colaborando nun cruce indicando por onde ir. Cos folgos que me deron xa me foi doado rematar o que quedaba, ainda que sen apurar moito o ritmo na longa reta de chegada na que fun adiantado por 3/4 corredores que os sobrepasara eu un pouco antes.
Moi contento ca miña 1h44'03" neto e posto 165. Cando me despertei o día seguinte tiña as pernas cansadísimas, parecía que tiña unha corriente eléctrica por dentro, pero co paso do día foi pasando algo a pesadez. 155 media maratón realizada.
Un saudo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum