Foros ›
IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Mar 2024, 20:24
Asunto: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Unha nova edicón do circuito a IX, escomenza este finde e coma sempre ca carreira de Camariñas.
Eu o ano pasado non me inscribín pola dureza de varias das carreiras e sobre todo por ser a hora de partida as 12 da mañán. Este ano son as 11:30 algo e algo. E como en principio se non hai incidencias vexo que me coincide ben para poder correr moitas das probas, decidín inscribirme xunto cunha chea de compañeiros do clube.
Hoxe remata o prazo de inscripción, toda a información en:

correndopolacostadamorte.com/
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 05 Mar 2024, 22:50
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Eu fixen Muxía un par de veces e é dura.
Cee unha vez e gustou máis por ser nocturna.
Supoño que este año irei á Cee unicamente, dependerá de se andamos coma sempre por esa zona de vacacións neses días
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
505 Carreiras
1573 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2024, 19:15
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Percorrido rapidillo na 3K, ainda que a primeira metade picaba "parriba". A parte final xa totalmente chan polo porto. Moi boa participación. Ó final, e aproveitando que non chovía, todavía din unha voltas pola zona pra completar así 6k. Logo xa rápido a cambiarse pra ir á feira de Carballo.

Imos pouco a pouco mellorando tempos tras a fractura, ainda que adestro máis ben baixo mínimos. Parabens á organización, esperamos voltar nunha próxima edición.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2024, 21:30
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Primeira carreira desta edición disputada, climatoloxicamente moito mellor do que daban as previsións, só nos caeron 4 gotas xusto antes da saida e ós 5 minutos de rematar eu, empezou a chover novamente pero pouca cousa, algo de aire nalgúns tramos e tamén sol na longa subida despois do km 5.
Esta carreira todos os anos ten o mesmo problema, é a 1ª do circuito e formanse unhas colas enormes para a recollida do dorsal, cando chegamos nos 1 h. antes a fila daba a volta a todo o interior do local de entrega, menos mal que os 10 minutos abriron outra mesa e axilizouse bastante o tema.
Un pequeno quecemento e para a liña de saida, non sei cal foi o motivo (sería a entrega de dorsais) pero a saida demorouse algo máis de 10 minutos.
Cando dan a saida, estaba da metade hacia atrás, intento recuperar posicións no tramo do paseo marítimo, xa que en canto empezase a subir pola rua estreita que tira cara o pabellón un xa vai atrancado un bo treito, eu subindo moi cómodo nese primeiro e longo tramo de subida, despois ven un rompepernas ata chegar a pista de terra que vai cara o Cabo Vilan, que ben arranxada está, daba gusto correr, obra recente, ahí é basicamente baixar con un par de tramos que pican cara arriba, pero en canto chegamos o km 5'100 atopamos a longa subida de máis dun km., por un estrada recén asfaltada e na que nos batía de frente un sol que molestaba bastante, en canto rematamos só queda llanear e a dura pero corta subida que está a menos de 600 mts. da meta.
Eu sen querer cebarme nen nas subidas e sobre todo nas baixadas, xa que no 2022 lesioneime aquí nunha situación similar a que estou agora, o finde seguinte ia correr unha media maratón, polo que non quixen arriscar.
O final un tempo de 43'51" neto e 20 segundos máis no oficial, para uns 9'5 Kms. e posto 117 de 275 finalizados, faltaron casi 100 dos inscritos, imaxino que a mala previsión climatolóxica influi na ausencia de tanta xente.
Josetxo

Novo foreiro
Novo foreiro
3/09/13
84 Carreiras
11 Mensaxes
O Pino
Respostar citando Envío Lun, 11 Mar 2024, 7:29
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Moi boas, compañeir@s!

Primeira participación no Circuíto Correndo Pola Costa da Morte. Encantoume a carreira de Camariñas, as vistas a Faro Vilán, impresionantes; compensaban a dureza do percorrido. Moi bo ambiente tamén entre @s corredor@s. Moitas ganas de disputar a seguinte.

Un saúdo, compañeir@s!
Saúde e km!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 23 Mar 2024, 20:40
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

A menos dun mes da celebración da carreira de Vimianzo xa abriron a inscripción para os que non están anotados a todo o Circuito.
E sorpresa, a hora de celebración é as 11 h. para o 10 K. a ver se teñen este horario o resto de carreiras.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2024, 19:33
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Para coñecemento, mañán remata a inscripción para a carreira de Vimianzo, posiblemente a carreira máis chanciña de todo o circuito, a cal levo sin correr dende o 2018.
A día de hoxe parece que dan un bo día con máximas de 20º, pero de aquí o Domingo pode variar moito.
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
505 Carreiras
1573 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 7:16
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Ahí estaremos en Vimianzo. Xa van moitos anos que non participo, pero supoño que o circuito será o mesmo a dúas voltas, mirarei.
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
505 Carreiras
1573 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Abr 2024, 19:21
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Día caluroso que había que ir levando. Percorrido que se termina facendo durillo sobre todo na longa recta, que vai picando pra arriba. Esta vez decidín saír un pouco máis reservón e disfrutar sen máis, rematando así con boas sensacións.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3677 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2024, 20:04
Asunto: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

Día de moita calor, demasiado para esta época do ano.
Dende o 2018 non voltara a correr en Vimianzo e non coñecía este percorrido, non me acabou de convencer, 2 voltas de 5 Kms, pero con varias idas e vidas e prolongacións que non me gustaron. Bastante máis duro do que contaba, pero posiblemente a calor excesiva influe nesa percepción.
Eu as 2 voltas moi similares en tempo, a 2ª só 11" máis lenta ca 1ª , xa que tentei non cebarme e posto 115 de 257 que rematamos.

Próxima parada en 2 semanas Mazaricos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos