Mon, 18 Mar 2024, 8:06
Post subject: Re: V TRAIL RIBEIRAS DO TAMBRE
Fantástico evento o de onte polas beiras do Tambre! Lembro que había un fío neste foro que pedía consellos para iniciarse no trail, e coido que esta cita é ideal para os que queiran estrearse nesta modalidade: dureza relativa no desnivel, tramos asequibles pola beira do río, baixadas técnicas de pouca complicación... Un percorrido moi 'corrible'.
Noraboa a organización, todo perfecto cos buses, parkings, recollida de dorsal... O único "pero" (que igual foi culpa dalgún gracioso alleo ós organizadores) é que no trail curto tivemos un xiro do percorrido moi mal indicado, sen cinta balizadora, que fixo que moitos de nós fixeramos metros de máis, e creo que houbo quen chegou a facer quilómetros. Quitando ese lance de carreira, un trail moi recomendable.