Foros ›
9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
56 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 6:37
Asunto: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xuño)

San Sadurniño volverá correr polo medio ambiente o domingo 9 de xuño, dentro da 9ª dunha das carreiras populares con máis aceptación de todas cantas se celebran na nosa zona.
A proba abre o prazo de inscricións o martes 23 de abril a través da plataforma emesports.es, ofrecendo circuítos gratuítos de entre 60 e 900 metros nas categorías inferiores e un trazado de 4,9 quilómetros na absoluta (5€),
Por razóns loxísticas, o límite de deportistas volve estar limitado a un máximo de 500. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA e as saídas e chegadas concentraranse de novo no arboreto galego da Cortiña -ao pé do paseo fluvial do Xubia-, lugar de referencia para todos os eventos multitudinarios que organiza o Concello de San Sadurniño.

A popular de San Sadurniño convida a correr “polo medio ambiente” na que é xa unha das citas clásicas para o deporte afeccionado da comarca. O Concello contará coa asistencia técnica da Federación Galega de Atletismo. Ademais tamén colabora a clínica local Fisio-Che-Ben cun servizo de fisioterapia.
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
56 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 6:47
Asunto: Re: 9ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO (9 de Xu

A carreira popular de San Sadurniño prescinde, por primeira vez, dos plásticos, o avituallamiento das carreiras non utilizarán plásticos dun só uso. De feito, as botellas substituiranse por bebidas isotónicas embotellada en briks de 5 litros (aptas para veganos, dieta keto e gluten free), sen azucre nin aditivos artificiais e, ademais, proporcionaranse vasos biodegradables.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos