Foros ›
Andaina y carrera!!! Todos a San Mamede
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
faraon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/06
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 25 Abr 2009, 20:22
Asunto: Re: Andaina y carrera!!! Todos a San Mamede

Bueno, pois ó final rematamos antes de que escomenzara a chover...creo que o fixemos todos: ciclistas, corredores e andaríns. A pesares das previsións non nos podemos queixar...fresquiño pero o xusto (a lo menos para correr).
Boa carreira-marcha por preciosos lugares dos que tanto abundan en Galicia, ben organizada e cun fin de festa a base de empanada, carne ó caldeiro e bica expectacular. O percorrido ben marcado, moi difícil perderse...duro e longo, pero xa sabiamos onde nos metíamos. Creo que ó final a dureza foi incluso mais para os ciclistas que tiveron que arrastrar as súas máquinas corredoiras enriba; logo se desquitarían nos Km de baixada.
Gran ambente como sempre nestes eventos: alegría, esforzo e cansancio...maniotas , ilusión, orgullo...todo mezclado. Para min a única pena de que a afluencia de corredores fora tan escasa (non pasaríamos de 25). Creo que hoxe en día están de moda as carreiras de montaña e moitos de nós desplazámonos moita distancia para poder correlas. Paradóxicamente temos unha preto e non acudimos...moita culpa tena a escasa publicidade que se lle deu??? o feito de coincidir na fin de semana con outras provas (penso que hai corredores para todas). Moitos de nós pensamos que en Ourense temos multitude de lugares propicios para organizar incluso unha "copa" de carreiras de montaña e solamente esperamos que por fin alguén poña en marcha algo similar. En todo caso nada pode empañar a fenomenal xornada que vimos de disfrutar. Grazas a organización e a seguir en próximos anos.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 25 Abr 2009, 22:28
Asunto: Re: Andaina y carrera!!! Todos a San Mamede

faraon, ti ven sabes que os que tiñan que poñer empeño en fomentar o circuíto soio se dedican a sair nas fotos.Eu tentei promocionar a proba no meu blog todo o que puiden.
Noraboa a todos os que estivéstedes aló.
Éu estiven a piques de acudir, pero mañán é a media de Vilgarcía e voteime atrás.
A próxima proba polo monte o día 21 de Xuño no Tangaraño.

www.jeffxavi.blogspot.com
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Dom, 26 Abr 2009, 18:30
Asunto: Re: Andaina y carrera!!! Todos a San Mamede

Eu onte tamén estiven en Montederramo.
Deume algo de pena ver que habia ducias e ducias de ciclistas e de andaríns, e uns amigos correnod.

Pero, eu que sempre atopo a parte positiva, xa lle dixen a Faraón na saida, que alí estabamos os escollidos, os sabios.

Quero facer unha análise un pouco máis detallada:

1º.- Carreira equilibrada para os que non estamos afeitos a dureza propia dunha carreira de montaña en sentido estricto. Dureza máxima só dous quilómetros de subida e un cortalumes de baixada. A nivel técnico "asequible".
De feito o tramo de baixada ten moitos, moitos tramos onde se pode correr, e moito.
2º.- Distancia axeitada para traballar o fondo e saber dosificar, reservar, e correr de forma controlada nos últimos 18 quilómetros.
3º.- Espazos naturais. Fermosísima: Do mellorciño do País:
- O vidueiral único
- Os pinos de altitude superior 1.200 metros.
- As vistas desde o alto de San Mamede
- As corredoiras dos quilómetros iniciais.

4º.- Organizacion. Non sei cantos habitantes ten Montederramo. Pero que por 10 euros, tivesesmo avituallamentos solidos e líquidos, sinalizacións axeitadas, postos suficientes de control para caso de lesión, comida copiosa como dixo Faraón (cervexa e viño, carne ao caldeiro, empanada, bica, a fartar, camiseta ben acaida, sorteo, ) ten un mérito incalculable.

Eu respecto aos que non viñeron (polo Mapoma, por Vilagarcía, por preguiza,) eles a perderon.

Deus queira que se manteña e se consolide, vaiamos 25, 15 ou 250.

Os andaríns e os ciclistas sí que acudiron de xeito masivo. Enhoraboa a todos eles que remataron.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos