Foros ›
POÑER CARREIRAS NOVAS NO CIRCUITO
Forum Index / O Circuito 2008/09
This topic is locked: you cannot edit posts or make replies.

Author
Message
home_de_nejro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/01/09
0 Carreiras
301 Posts
http://www.casadebrea.com
Reply with quote Post Tue, 19 May 2009, 14:52
Post subject: POÑER CARREIRAS NOVAS NO CIRCUITO

Ben, quixera abrir este foro de discusion para expoñer ao ADMIN, e deixar á consideración de todos a seguinte reflexion.

Vexo que as carreiras que conforman o circuito 08/09, vanse incluindo en cada un dos meses, non sei según que criterios, pero hasta ahí, case que tan pouco me importa moito, o que si neste caso me importa, "e eu diría que ata me molesta un chisco"; é que den de alta unha carreira no circuito con tan so unha semana de publicidade de adianto.

E o caso da carreira de Santiago de Compostela "Solidaria del Tambre", de data 24/05, esta carreira non estaba no circuito a semana pasada, e atopoma hoxe posta no circuito. Non é por nada pero penso que se debería establecer as carreiras que entran no circuito con un pouco mais de tempo, para que cada un de nos poidamos programarnos.

Espero a opinion de todos vos.

Un saudo
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Posts
Salvaterra de Miño
Reply with quote Post Tue, 19 May 2009, 16:40
Post subject: Re: POÑER CARREIRAS NOVAS NO CIRCUITO

Ola jpb353:

O mellor sitio para tratar isto é no apartado do circuito 08-09 onde xa existe un post sobre a cuestión de engadir carreiras e onde se expoñen estas e outras cuestións relacionadas co circuito.


www.correrengalicia.or...amp;t=3306

Saúdos
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Tue, 19 May 2009, 17:24
Post subject: Re: POÑER CARREIRAS NOVAS NO CIRCUITO

Cito e pego o que comentei no fio referido:
Kandpalleiro escribió:
Claro que desexamos integrar mais probas, pero para elo precisamos a colaboura das organizacions no intre de confecciona-las clasificacions que é o requerimento técnico principal pois puntuamos os postos das persoas que fan o mesmo percorrido e precisamos pois unha clasificación unitaria
Respecto ás carreiras de fora de galicia:
Kandpalleiro escribió:
O de incluir probas de 'fora de galicia' xa se fixo noutras edicions. Non é a nosa intención polo de agora... No da preferencia persoal; que vos podo dicir eu que corro mais fora que na Galicia administrativa?. Como vedes non se trata de unha cuestión de preferencia persoal senon de abarcar o abarcable e logo ir pensando en ampliar o posible

Respecto ó de por un prazo mínimo para que unha proba sexa incluida como 'puntuable':
Kandpalleiro escribió:
Ben, entendo que persoas xa de por sí moi participativas e con posibilidades competitivas aboguen por certa formalización do xeito e prazo no que se engaden as carreiras, temos que pensar como compatibilizar isto co obxectivo de fomenta-la participación de mais xente en mais carreiras facilitando todo o posible a incorporación de probas no circuito.

Como sinalou beauvais hai organizacions que non saben da existencia deste circuito ou que simplemente non ponderan o interese que pode ter participar nel...

E outra mais respecto á flexibilidade que lle damos ó tema da inclusión.

Kandpalleiro escribió:
Mirade; tampouco é que "ten que ser a organización a que se poña en contacto" o asunto é que se saiba con tempo que a carreira se corre de xeito conxunto tódalas categorías e que se publique e sexa accesible unha clasificación conxunta da carreira.

Nós somos os primeiros interesados en ter varias probas puntuabeis cada fin de semana e o mais espalladas posible por todo o país para que a xente acuda á que mais lle apeteza (o asunto é que se participe).


Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
home_de_nejro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/01/09
0 Carreiras
301 Posts
http://www.casadebrea.com
Reply with quote Post Tue, 19 May 2009, 19:17
Post subject: Re: POÑER CARREIRAS NOVAS NO CIRCUITO

grazas mincha polo link, non o sabia, senon xa non abria eiqui o tema.

Grazas tamen a ti Kan, pola informacion, pasareime a ese foro

Un saudo





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum