Foros ›
Author
Message
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Tue, 26 Jan 2010, 5:48
Post subject: MELLORA CONTÍNUA

Hola a tod@s; como tódolos anos abrimos este fio para que vaiades deixando as vosas suxerencias ou ideas respecto a como queredes que sexa o circuito, mais como todo ten un inicio debedes ter en conta que a 'FILOSOFÍA' desto é:
Kandpalleiro escribió:
O circuito busca que a xente se anime a participar en probas atléticas e a facer deporte de xeito saudable porque contribue á mellora da calidade de vida das persoas en xeral

Isto quere dicir que se busca mais a participación que o triunfo.

Este non é un fio de incidencias ou de "vengo a hablar de mi libro" senon un fio para aportar ideas e visions de como se quere que sexa o circuito no futuro para que mais xente se anime a participar.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Posts

Reply with quote Post Tue, 26 Jan 2010, 15:22
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Vou inagurar este fio.........................
¿En que quedou o das clasificacions internas por localidades?


escribio Admin:

Hola Sito, como o verías mellor, que aparezan:

- Só os nomes ordeados alfabéticamente.

- Os nomes e os puntos de cada un, ordeados por puntos a modo de clasificación por localidade.
tintin

Super Veterano
Super Veterano
13/04/08
0 Carreiras
2075 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Wed, 17 Mar 2010, 20:41
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Na miña modesta opinion creo que no futuro dende o circuito de correr en galica que nace para fomentar a participación nas distintas carreiras deberiase fomentar a participación nas distintas carreiras solidarias que se organizan, xa que as causas estan máis que xustificadas.
Para eso creo que se deberia dar unha puntuación nunca inferior a outras probas, sendo maior fomentaria a participacion, e igual poderia ser o mais xusto para non perxudicar a outras probas.
Evitarianse problemas de division por cuestion de puntuación entre distintas carreiras que se organicen o mesmo dia.
Eso si vendo que a xente esta a expensas desta puntuacións debese establecer a norma clara, publicalo e que cada quen decida.
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Wed, 17 Mar 2010, 22:51
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

tintin escribió:
Na miña modesta opinion creo que no futuro dende o circuito de correr en galica que nace para fomentar a participación nas distintas carreiras deberiase fomentar a participación nas distintas carreiras solidarias que se organizan, xa que as causas estan máis que xustificadas.
Para eso creo que se deberia dar unha puntuación nunca inferior a outras probas, sendo maior fomentaria a participacion, e igual poderia ser o mais xusto para non perxudicar a outras probas.
Evitarianse problemas de division por cuestion de puntuación entre distintas carreiras que se organicen o mesmo dia.
Eso si vendo que a xente esta a expensas desta puntuacións debese establecer a norma clara, publicalo e que cada quen decida.
Abundando nisto, e como xa díxen no post de incidencias, esquecernos da división entre solidarias competitivas e non competitivas, marcando a mesma puntuación para todas para evitar toda polémica , e case mellor cunha puntuación de 150 para todos nestas probas, o cal estará ben e seguramente incentiva a participación nelas . E ca publicación clara dunhas normas coherentes todo o mundo sabe que decisión tomar a hora de participar nunhas ou noutras probas.
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Wed, 17 Mar 2010, 23:13
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Outra proposta para a mellora contínua: ter tamén en conta o tempo de finalización da proba, a media qilométrica , así daría un resultao máis obxetivo. O método sería engadirlle un sumando máis a formula de calcular puntos e este sumando sería, por exemplo, 400- (tempo (expresado en segundos)/ nº de qms.). Así, por poñer exemplo, alguén que acabe un 10000 nunha hora acadaría 400-(3600/10)= 40, que multiplicado polo coeficiente 1,5 que teñen ás probas de 10000 sería sumar 60 puntos máis.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 6:44
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Estimado Migueliño con respecto ó que dis de ter en conta a media minutos /kilometros dicirche que xa se fixo en 2006 e que levaba mooooooito curro e tiña o inconvinte de favorecer ás probas que contaban con presuposto para pagar unha empresa de cronometraxe e, a maiores, que esa cronometraxe fora fiable (casos cronotec de dolorosa lembranza) ademais de perxudicar ás probas con perfis mais esixentes.

O tema das solidarias ten o grave inconvinte de que probas "grandes" ou habituais do calendario atletico popular se sumen ó movemento solidario porque deciden facer un donativo simbolico a unha causa... pero manteñan premios e, incluso, fixos de saída para corredores VIP...tivemos que buscar un criterio de clasificación e adoptamos ese para este ano. O que sí recoñezo é que temos que informar aínda mais claridade do coeficiente ou puntos fixos que se recibirán.

O que me extrana é que ningúen propoña que os postos que acaden premio non puntuen para o circuito... ou que o primeiro 10% da clasificación non puntue... debo ser eu que son un raro.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2631 Posts

Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 7:52
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Pois eu penso que os criterios de puntuacióne están moi ben como están:

- Carreiras non competitivas (solidarias ou carreiras festivas nas que non hai premios nin trofeos de ningun tipo), todos puntuamos por igual, e puntuamos a media do que corresponde a esa distancia. Así por exemplo, para un 10.000 sería (225 + 75) / 2 = 150; para unha carreira de menos de 10.000 sería (150 + 50) / 2 = 100. Estos baremos xa se aumentaron, para non perxudicar a este tipo de carreiras, pareceme lembrar que antes puntuaban a mínima (75 e 50) e agora puntuan a media (150 e 100).

- Carreiras competitivas, todas as demáis, ainda que se recauden fondos por unha boa causa, puntuamos por postos.

A maioría da xente pensabamos que na Solidaria de Ames ibamos a puntuar todos por igual, 100 puntos, pero en ningún sitio se decía eso, mentras que na de Tui si que o poñía claramente.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 13:38
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Ola, sí efectivamente de puntúar como solidaria Ames puntuaría 100 puntos (perdón polo erro Embarassed ), en todo caso sigo pensando que é un erro considerar competitiva Ames polo feito de entregar trofeo aos 3 primeiros (non son premios en metálico) nin se paga un fixo a corredores VIP.
O que non acabo de entender é a proposta de Kandepalleiro de quitarlle os puntos a aqueles que leven premio, ¿porqué?. Se podes aclararmo, agradezocho, porque de momento non lle vexo o sentido.
Sobre a outra proposta, a de considerar os tampos para puntúar, agardo que se é o problema é o traballo que daría nono desbotedes por iso ( se precisarades axuda eu presentaríame voluntario para botar unha mán encantado) e tampouco non sería problema o presuposto das probas, xa que hai moitas que contan co apoio dos xuíces da FGA, en principio fiables para este tema, non si?.
Grazas.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
457 Carreiras
5689 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 14:04
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Una pregunta: ¿debe el Circuito acoger carreras que no tienen seguro? (ni quieren tener seguro y además presumen de ello). ¿Está el Circuito de acuerdo con esta filosofía?
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2631 Posts

Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 14:06
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

O que non entendo eu é como se pode considerar que a solidaria de Ames é non competitiva.

Se non é competitiva, por qué se tomaron a molestia en facer clasificacións separada por categorias: homes, mulleres, xuvenil, senior, veterano, etc? Sería unha perda de tempo e de traballo. Con poñer a clasificación xeral sería suficiente.

E por qué sairon ó escenario o 1º, 2º, e 3º de cada categoría e recibiron un diploma e un aprauso dos presentes?

Los Perros del Anuncio - 2014/15
Extremeñeiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/01/09
0 Carreiras
523 Posts

Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 16:55
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

alber escribió:


A maioría da xente pensabamos que na Solidaria de Ames ibamos a puntuar todos por igual, 100 puntos, pero en ningún sitio se decía eso, mentras que na de Tui si que o poñía claramente.
En Mos tampoco lo pone y se puntuó como solidaria...........................Allí se sabía a lo que se iba......................................
……el tema es que se debe saber de antemano en que coediciones se va a una carrera luego si se puntúa de una manera o de otra es lo de menos
.......
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 17:47
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Borrarei esa mensaxe valeira?

Eu repito que, evidentemente no tema da info podemos e debemos mellorar.

O criterio, ó meu entender, este ano está así e así debe seguir.

E por favor, este fío é para Aportacions de mellora, non para debate que logo non atopo as cousas. Gracias.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 21:11
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

alber escribió:
O que non entendo eu é como se pode considerar que a solidaria de Ames é non competitiva.
Se non é competitiva, por qué se tomaron a molestia en facer clasificacións separada por categorias: homes, mulleres, xuvenil, senior, veterano, etc? Sería unha perda de tempo e de traballo. Con poñer a clasificación xeral sería suficiente.
E por qué sairon ó escenario o 1º, 2º, e 3º de cada categoría e recibiron un diploma e un aprauso dos presentes?
Coido que foi Admin quen falou de que un dos criterios é a entrega de diñeiro en metálico aos gañadores/primeiros para considerar unha carreira competitiva.
En fin, pechando ese tema e seguíndo co da mellora continua, Kandepalleiro, o de considerar tamén tempos para puntuar, xa desbotado? Crying or Very sad Crying or Very sad Bueno, reitero o de que se o problema é que vos dá moito curro presentome voluntario para botar unha mán. E o de que penaliza a probas máis esixentes, coido que é o mesmo criterio que utilizan na liga Championchip e sen problemas.
Ah, e moitas grazas polo de "Estimado Migueliño" do anterior post, soa moi serio, como de encabezamento de carta comercial Satisfecho , jeje, e aínda que nonos coñecemos persoalmete non hai que ser tan formais Angel , jejeje.
Un saúdo.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 18 Mar 2010, 21:54
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Para este ano o dos tempos descartado.

Para outros... 1º penaliza ás probas que só fagan clasificación por postos porque non podan pagar sistemas de cronmetraxe.
Que son as populares de vilas e aldeas (maioritariamente) nas que o circuito acada mais éxito en porcentaxe de participantes.

2º é curro

Recoñezo que non sabía que CCN o tivera este ano (e iso que me inscribín), claro que eles o teñen feito...

3º Penaliza ás probas duras...fanse peores medias nelas que nas carreiras mais lisas.

Home non son un soso, pero tampouco quero semellar que fago esto 'de pasada'...e tento tratar á xente con respeto e cortesía (ata que demostren o contrario, que casos hai) e sobre todo con agradecemento por participar "conceptualmente" no circuito.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
krrkrrktpillo

Montañés
Montañés
11/01/09
0 Carreiras
859 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Thu, 22 Apr 2010, 17:58
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Exclamation Suxerencia: A inclusión de probas no circuíto deberá de ser con antelación mínima de 2 meses a celebración da mesma, polo menos nas de coeficiente superior a 2.

Considero que son moitos anos de celebración da maioría das carreiras i q casi todas teñen unha data de celebración mais ou menos fixa pra q se poidan situar no circuíto i q os atletas podan planificar a sua asistencia con antelación suficiente. Insisto, polo menos as de elevado coeficiente posto q poden alterar sustancialmente as clasificacións o non poder asistir a elas por descoñecemento ca antelación necesaria.

Graciñas.

RUN & FUN
email: greenpapillon2005 @ yahoo.es





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum