Sun, 23 May 2010, 8:30
Post subject: Re: Duración do Circuíto para próximas tempadas
Non estou de acordo con limitar as carreiras puntuables. Penso que cantas máis opcións teñamos, mellor. Por exemplo, eu nunca corrín dúas carreiras unha mesma fin de semana, pero se hai dúas puntuables podo escoller ir á que me queda máis perto... hai moita crise....

.. e prefiro desprazarme menos quilómetros para competir.
Vexo tamén opinións que inciden en que ninguén nos prohibe correr durante todo o ano, aínda que non sexan carreiras puntuables. Certo. Pero tamén é certo que ninguén nos prohíbe descansar aínda que o circuíto estea en marcha. Penso que todos deberíamos ser suficientemente intelixentes para parar cando estamos lesionados, desmotivados, queimados, sobreentrenados, etc.
Resumindo, 9 ou 10 meses de circuíto parécenme correrctos, deixando ese tempo de vacacións merecidas aos administradores e moderadores. Grazas a eles