Foros ›
Autor
Mensaxe
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mar, 15 Xuñ 2010, 8:56
Asunto: I Carreira Verde Muro 10

O sábado día 12 celebrouse a I edición da carreira Verde Muro 10, e aproveito para darlle os meus parabéns aos organizadores, moitas gracias á comunidade de montes de San Pedro de Muro por facer unha estupenda carreira e millor xornada. A saída deuse ás 12 da mañán, quizáis un pouco tarde (ainda que antes houbo unha andaina), e contou con pouca participación, pero claro, como non estaba no circuito ... O percorrido é moi bonito vai pegado á costa por unha pasarela de madeira que fai que se vaia bastante rápido, así ata o kilometro 3 e medio, onde a carreira da un xiro e toma dirección á ermita de San Bieito de Seráns (onde remata a carreira). A partir de aquí é unha sucesión continua de subidas, algunhas bastante duras, case todo por camiños de terra, para rematar na Ermita. En definitiva 8 kilómetros e medio de carreira bastante duros, sobre todo porque os derradeiros son de subida, pero moi, moi recomendable, con avituallamento durante e ao final da carreira (este moi abundande), e ata con agasallo ao final. A carreira formaba parte dunha xornada moi completa, con andaina, xogos tradicionais, contacontos, churrascada... polo que vos animo a que participades en futuras edicións.
Moitas gracias á xente da organización.
Saudiños e ata o ano que ven.
Arnela

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/10/09
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Xuñ 2010, 22:45
Asunto: Re: I Carreira Verde Muro 10

Eu tamén participei na carreira e como di Barbanzon é unha carreira moi recomendable, quizais algo dura (podese considerar de montaña), pero as paraxes e as vistas son preciosas. Case toda a carreira discorre por terra (habería 1 quilometro de asfalto), é a dureza da mesma agrupase nos derradeiros 2 quilometros. Esperemos que para o ano que ben continuen promocionando o deporte, e a poder ser que varíen un pouco o recorrido na sua parte final. Ademáis ca experiencia que acadaron e un pouco mais de colaboración, se a incluen no circuito chegarán de sobra os 100 participantes.

Gracias a Comunidade de montes de Sampedro de Muro por organizar esta carreira; e tamén os corredores de lonxe que se acercaron a participar.
Panzudopobrense

Mods
Mods
25/08/09
0 Carreiras
1261 Mensaxes
Pobra-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 16 Xuñ 2010, 6:51
Asunto: Re: I Carreira Verde Muro 10

Efectivamente una zona de alucine que conozco muy bien y que he disfrutado muchos años.
MUY RECOMENDABLE.
Apuntadla en vuestra agenda del próximo año.

Lamentablemente no pude ir por motivos familiares ese sábado

afiladosrunners.wordpress.com/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
471 Carreiras
3680 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Xuñ 2010, 16:17
Asunto: Re: I Carreira Verde Muro 10

Eu fun outro dos que se acercou a esta carreira, ainda que estou de parón veraniego, decidín ir pola cercanía da mesma.
Non me extraña que a catalogaran de montaña, xa que tiña unhas subidas moi longas e duras e caseque todas por pistas forestais. Un percorrido duro pero moi atractivo, xa que conxugaba diferentes terreos.
Pouca participación na carreira, xa que estaba restrinxida a 100 corredores e do foro só me encontrei con Barbanzón, que supo reservarse o principio e despois subeu coma un tiro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos