Xov, 31 Ago 2006, 13:19
Asunto:
Saúdos a todos.
Efectivamente, onte, 30 de agosto, tivo lugar a presentación da
XXII Careira Popular Meaño 2006 ante os medios de comunicación; acto sinxelo que este ano contou coa presencia do alcalde de Meaño, Jorge Dominguez, que fixo de anfitrión, Luciano Fernández, representante da Asociación de Bodegas Artesanas que doan o viño albariño, José Benito López Pastoriza, atleta gañador da pasada edición, e un servidor como representante da Asociación Cultural e Deportiva GAM, que como xa sabedes organiza a proba.
Como sempre foi un acto sinxelo e distendido no que se comentaron os diversos aspectos da carreira, que este ano como principal novidade ten a do viño albariño para o primeiro premio, que é doado pola Asociación de Bodegas Artesanas Rías Baixas. En liñas xerais, o resto da carreira mantense igual que a pasada edición (haberá moitos regalos a sortear).
Gustaríame resaltar só dúas cousas:
Por un lado, a excepcional colaboración brindada pola Asociación de Bodegas Artesanas, que sen dubidalo e co único pretexto de ser de Meaño, decidiron doar o viño (que por certo é unha boa cantidade), salvando a este singular premio (o peso do atleta en viño) da súa desaparición, trala renuncia, a última hora e dun xeito totalmente inesperado e con malos pretextos, da anterior casa comercial. Estes bodegueiros particulares decidiron axudarnos por axudar á xente do pobo. Outras empresas (adegas) ubicadas neste concello miran primeiro o negocio. Non quero con esto criticar, só resaltar o xesto deste grupo, que antes que empresarios, decidiron comportarse como veciños, e unha vez máis llo queremos agradecer desde o GAM.
Por outro, destacar a total, absoluta e desinteresada colaboración prestada por José Benito López Pastoriza. Igual que outros atletas (Pedro Nimo, Mª Jesús Gestido, Manuel Penas, Suso de la Fuente, Carlos Adán, etc., etc., etc.), púxose enteiramente á nosa disposición, aguantando incluso cambios de horarios a última hora, sen rechistar. Esto, ó fin e ó cabo, demostra a grandeza da xente que compite neste deporte, humilde e sempre con afán de colaborar. Eles, coma ningúen, representan o espíritu que debemos transmitir ós máis pequenos, o espíritu que queremos transmitir desde o GAM.
Esperamos e desexamos, que o domingo 10 veñades todos a Meaño e disfrutedes, non só dunha carreira, senon dunha festa. Con ese ánimo, estamos a traballar hasta o límite das nosas posibilidades un moi reducido grupo de persoas (e cada vez somos menos).
Saúdos e ata o domingo.