Ven, 15 Set 2006, 18:21
Asunto:
Hola amigos.
Despois de case unha semana de "descanso" xa vos podo facer unha crónica dende o interior da carreira.
Pois coma tódolos anos, ás 8 en punto da mañá comeza o día co movimento de vallas, un bo exercicio para quenta-los músculos. Despois dunha hora facendo traballos múltiples (arco hinchable, ordenadores funcionando, ordenar trofeos, mesas de dorsais, megafonía, etc., etc., etc.) ás 9 quedaron instaladas as mesas para entrega de dorsais.
Unha vez que empezástedes a retira-los dorsais empezan os primeiros problemas: corredores que non aparecen no listado, idades mal postas, apelidos mal postos....., este é un intre estresante para o informático que ten que introducir tódolos datos antes do inicio.
Finaliza o prazo de entrega e esperamos polos corredores máis remolóns (enténdoos, eu tamén soio chegar xustiño....). O que supón que quedan só 20 min. para face-la reunión previa cos aproximadamente 25 colaboradores cos que contamos este ano. Danse as últimas consignas. Cada un ten un cometido moi concreto. Aínda así, a miña cabeza non deixa de pensar no que pode fallar.
Chegan as 11, hora da saída e aínda estamos na reunión. Buscamos correndo a Elisardo de la Torre para a saída e a Eduardo Moráis para ir no coche informándonos da situación de carreira.
Xa na saída, doume conta de que non teño a pistola. Saio correndo deica o local. Pasan uns 7 minutos das 11 e os nervios están a flor de pel. 11 e 10 (aproximadamente), dase a saída.
Unha vez que vos saístedes, temos sobre 3'30'' para montar a zona de meta, antes de que cheguen os primeiros corredores (inconvintes de ter doble paso por meta). O corazón acelérase, a tensión respírase no ambiente, pero finalmente queda instalado o ordenador, a mesa de toma nanual de dorsais e a cámara de vídeo... ufffffff.
Ã?s 3'30'' aproximadamente, pasan os corredores que van a face-la segunda volta, sen problemas, e ós 6'06'' entra o primeiro rapaz do circuíto pequeno. A partir de aquí máxima tensión. Hai que identificar os corredores que que teñen que acabar, os que teñen que facer a segunda volta pequena e os que fan o circuíto grande, e encauzar a cada un pola súa rúa. Todo vai ben. A partir de aquí, 40 min. nos que "case te relaxas".
Chega o coche escoba. A carreira finaliza. Vós descansades, e nós empezamos a carreira contrareloxo para prepara-la clasificación. Chego ó posto de informática, saen as clasificacións e ¡horror! saltan as alarmas, un dos datos non pode estar ben. Comezamos a revisa-las anotacións manuales e a cinta de vídeo. O tempo pasa a unha velocidade espantosa, os nervios atenázante, a tensión sube. Despois de máis de media hora atopámo-lo erro: un dorsal foi mal entregado. Collo a clasificación de premios e salgo correndo para o palco. Doulle a lista ó locutor e comeza cun retraso espantoso a entrega. Todo vai ben ata que chegamos á categoría na que se producira o erro ¡olvidáronse correxila! As atletas dinme que non pode estar ben.... ¡terra trágame!. Déixase esa categoría sen entregar e continuamos. Despois de algún que outro erro, conseguimos chegar ó final, dun xeito máis ou menos digno. Teño a sensación de que perdín un par de anos de vida.
Dende aquí, pídovos disculpas polos retrasos. Ã? unha das nosas señas de identidade, e este ano non cumprimos moi ben con ela.
Unha vez máis quero agradecer a Elisardo de la Torre e Eduardo Moráis a súa desinteresada colaboración.
Polos vosos comentarios, e porque eu tamén son corredor aficionado, sei que vos fai ilusión que unha figura como Elisardo dé a saída ou entregue os premios.
En canta ás augas, tés razón Lubo. Ã? algo que temos que correxir. Así queda anotado para o ano que ven.
En canto ás duchas, pouco podemos facer. Foi un caso de forza maior, ó estar o pavillón en obras (menos mal que polo que contades, soubéchedes encontrarlle a parte de humor).
Bueno, non creo que vos aclarara moito, pero o que quero que entendades é que o que está detrás da carreira é algo moi complexo, que o que se pode ver a simple vista, e que moitas veces non é entendido por algúns corredores. As miñas disculpas ós que poideron levar unha mala contestación.
Bueno amigos, vémonos nas carreiras da nosa Galicia.
Marcos.