Foros ›
Author
Message
Bekeleblanco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/08
0 Carreiras
361 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2011, 9:45
Post subject: Seguro Fga

Pasos a seguir
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Posts
Pobra do Caramiñal
Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2011, 11:42
Post subject: Re: Seguro Fga

¿Queres darte de alta como atleta federado ou facer uso do seguro?

Si queres darte de alta como atleta federado hai 2 opcións:

Facelo a través dun club (normalmente máis rápido e económico).

Facelo independiente (sale máis caro xa que a federación impón unha especie de canon ou algo así).

Si o que queres e facer uso do seguro da federación por unha lesión vas a ter que cubrir un parte.

Este seguro é moi básico e polo que eu sei soamente cubre accidentes. Si por exemplo tes unha tendinitis, periostitis, contractura... non che van a atender.

PD: Hai que molestarse un pouco en explicar as dudas si non a xente non se vai a molestar en contestar.

Un saúdo

Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 08 Aug 2011, 12:14
Post subject: Re: Seguro Fga

Por se se serve , conto meu caso: levaba tempo ca idea de federarme aínda que só fóse polo tema do seguro, xa que normalmente soio facer moitas carreiras no ano e xa rompera fibras nalgunha e por un módico prezo de 39,25 federeime ao final co Clube de Atletismo Alejandro Gómez ( cos que, por certo, estou totalmente encantado) e ao final , para a miña desgraza, sí que lle dín uso ao seguro xa que na carreira da Pascoa de Padrón tíven o que parece que foi unha contractura no xemelo; tramitei a través do clube un parte de accidente e chamei a Mapfre (aseguradora da FGA) , quen me atendeu a través do San Rafael, un hospital de A Coruña (en total, atención de urxencias+4 citas co traumatólog+ecografía+10 sesións de fisio).
Resumíndo, ¿compensa?, e a verdade é que sí, pero un sí matizado: é unha atención máis rápida e áxil que no Sergas, que se teño que pagar eu do meu peto, deixaríame o peto en mal estado Muerto ; pero a atención non é todo o rápida que se esixe nun caso así, porque para todo tés que andar chamando para pedir autorización e mandando faxes con informes médicos, etc. o que por exemplo fíxo que non escomenzase a fisio ata un mes xusto da lesión debido a tanta volta, e ao médico non lle quedou claro se foi unha sobrecarga, contractura,...... e o único que sacou en claro ca eco e que non foi rotura, pero supoño que por non pedir unha proba máis cara deixouno estar e darme fisio sen máis.
Bekeleblanco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/08
0 Carreiras
361 Posts

Reply with quote Post Tue, 09 Aug 2011, 14:30
Post subject: Re: Seguro Fga

Refirome unha vez tendo licencia federativa





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum