Foros ›
Autor
Mensaxe
nacho_s1600

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/03/06
0 Carreiras
446 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Set 2006, 9:31
Asunto: Carreira de Brion

Acabo de atopar esto: (www.infobrion.com).

01/10/2006 XXIV Carreira Pedestre da Amaía

Axenda


01/10/2006
Como cada ano nestas datas, en Brión temos unha cita coa Carreira Pedestre da Amaía. Nesta vixésimocuarta edición haberá 13 categorías, separadas por sexos e idade no caso dos adultos e por grupos de 7 a 9 anos e de 10 a 12 anos de idade no caso dos máis pequenos, conformando estes dous últimos grupos mixtos.
Os percorridos serán de 500 metros, no caso das categorías infantís de ata 12 anos, e de 7 kilómetros no caso das categorías adultas.
Os seis gañadores absolutos (tres homes e tres mulleres) recibirán premios en metálico, ademais de trofeos que irán a parar a mans dos tres primeiros de cada categoría. Tamén se entregarán camisetas a tódolos participantes adultos, e ós vinte primeiros na categoría infantil.
Aqueles que se queiran apuntar poden facelo na Casa da Cultura ata as 10 h. do 1 de Outubro.
Lugar: Brión
Hora: 10:30


Saúdos.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4264 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Sáb, 16 Set 2006, 9:54
Asunto:

Por certo que este ano o treito final supoño que será modificado parcialmente porque andan facendo as obras da futura autovía Santiago-Noia, o acceso á costa final que lembraredes todos os que correstes en Brión algunha vez é agora mesmo un desvío provisional e se non recordo mal sobre terra
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Sáb, 16 Set 2006, 11:01
Asunto:

Outra pregunta que lanzo eu.¿ A camiseta,sigue sendo como a de hay 20 anos ?.Porque 5 anos que corrin ali,e 5 camisetas igualiñas.
!! Por favor,que xa aburren !!.
Cheche

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/06/05
0 Carreiras
338 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Set 2006, 15:17
Asunto:

lestrove escribió:
Outra pregunta que lanzo eu.¿ A camiseta,sigue sendo como a de hay 20 anos ?.Porque 5 anos que corrin ali,e 5 camisetas igualiñas.
!! Por favor,que xa aburren !!.

Tranquilo Lestrove tranquilo. Afortunadamente corren por ahi fundados rumores de que este año la camiseta va a ser diferente... es decir va a ser de tu talla Mr. Green

"....Menos Samba e Máis entrenar...."
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Dom, 17 Set 2006, 15:35
Asunto:

Non me convences CHECHE.Pese a que Brion quedame o lado da casa,este ano vou decantarme polo Grove. Guiño
Sinto polos de Brion,pero teran que seguir traballando a miña confianza,para convencerme en anos vindeiros. Guiño
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 20 Set 2006, 17:57
Asunto:

Magoa de coincidencia de datas, eu igoal que o amigo Lestrove, creo que vou ir a O Grove, pero que conste que me doe non poder ir a Brión.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos