Calendario
Info da proba

Campañó, Pontevedra

20/09/2008 16:45 - 19:15
Regulamento
I Carreira Pedestre de Campañó, Pontevedra
Gran Premio Hotel Campaniola

Data: sábado, 20 de Setembro de 2008
Lugar: Campañó, Pontevedra
Hora: a partir das 16:45 h
Distancia: dende 500 ata 9.600 m
Saída e chegada: no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
Organiza: Asociación Cultural Deportiva Campañó
Inscricións: ata o día 17 de setembro ás 20 horas
Email: elias.dominguez.cabral (arroba) gmail (punto) com

REGULAMENTO XERAL
Categorías
- CHUPETE: nados no 2004 e posteriores (4 anos)
- PITUFO: nados no 01- 03 (5-7 anos)
- BENXAMÍN: nados no 99 – 00 (8-9 anos)
- ALEVÍN: nados no 97- 98 (10-11 anos)
- INFANTIL: nados no 95 - 96 (12-13 anos)
- CADETE: nados no 93 – 94 (14-15 anos)
- XUVENIL: nados no 91 – 92 (16-17 anos)
- JUNIOR: nados no 89 – 90 (18-19 anos)
- PROMESA: nados no 86 -87- 88 (20 a 22 anos)
- SENIOR: nados entre 1985 a 1968 (23 a 40 anos)
- VETERANOS A: nados dende 1967 ata 1958 (41 a 50 anos)
- VETERANOS B: nados dende 1957 ata 1948 (51 a 60 anos)
- VETERANOS C: nados antes de 1948 (de 61 anos en adiante)

Horários, distancias e categorías
Hora Categoría Circuito Distancia en metros lineais
16,45 Benxamín masculino e femenino B 500 (Unha volta ao circuito)
17,00 Chupetes B 120 (Teleclube - campo da festa
17,10 Pitufos B 170 ( Cruce Cabaleiro a Cochón)
17,20 Alevín masculino e feminino B 1.000 (Dúas voltas ao circuito)
17,40 Infantil e cadete masculino e feminino B 1.500 (Tres voltas ao circuito)
18,00 Xuvenís A 3.200 ( Unha volta ao circuito)
18,30 Junior, promesas, seniors e veteranos masculino e feminino A 9.600 (Tres voltas ao circuito)


Inscricións
1. Os participantes nas categorias: XUVENIL-JUNIOR-PROMESA-SENIOR E VETERANOS por e-mail en elias.dominguez.cabral (arroba) gmail (punto) com ata o dia 17 de setembro ás 20 horas. Os Veciños de Campañó que se queiran inscribir dirtectamente, poderán facelo nos delegados de zona da Asociación Cultural Deportiva Campañó ata mesma data e hora.
Indicar:
- Nome e apelidos
- Data de nacemento
- Procedencia
- No caso de ser federado/a indica clube e número de licencia
- E-mail
- Teléfono de contacto

Categorias: CHUPETE, PITUFO, BENXAMIN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE, na zona de saida ata unha hora antes da mesma.
O dorsal recollerase o día da proba ata media hora antes da saída.

2. PREMIOS:
Chupetes, pitufos e benxamín: Medalla e estuche de debuxo New Balance.

Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.

Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):

1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
3º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €

Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó

3. As probas darán comezo ás 16,45 h. do sabado 20 de setembro de 2008.
A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).

4. A carreira pedestre de Campañó é unha proba aberta para atletas federados ou non, mulleres e homes.

5. As probas estarán controladas polo comite de xuices da delegación de Pontevedra.

6. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.

7. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.

8. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.

9. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento.

10. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.

11. Os/as atletas inscritos nesta proba aceptan o regulamento.

12. CIRCUITO: Indicado no cadro de Horários, distancias e categorias.


INFORMACIÓN ADICIONAL
Unha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre todo/as os participantes (MP4, material deportivo, bicicletas, etc)


Como chegar dende Pontevedra
Ruta: PO 531 (Pontevedra – Vilagarcía) – VRG 4.8 (Campañó – Poio) Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó. Ao chegar á rotonda, á dereita. Ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17,45.

PLANO DO CIRCUITO A


PLANO DO CIRCUITO B