Calendario
Info da proba

Ourense

20/11/2021 20:00 - 23:00
Regulamento II TRAIL NOCTURNO DE OURENSE
REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
Club Run Maniak Box001 Ourense coa colaboración da Federación Galega de Atletismo –
Delegación en Ourense, Concello de Ourense – Consello Municipal de Deportes, Deputación de
Ourense – INORDE, organiza o II Trail Nocturno de Ourense, que se celebrará o sábado, 20 de
novembro de 2021 a partir das 20:00 h., con saída e meta na explanada de EXPOURENSE.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos (o día da proba) que o desexen,
federadas ou non federadas, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao
efecto pola Organización.
3. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
CATEGORÍA IDADE
SÉNIOR
Homes/Mulleres 18 a 44 anos
MÁSTER
Homes/Mulleres >45 anos
4. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través da web www.sportmaniacs.com ata as 20:00 h. do mércores,
17 de novembro de 2021.
Prezo inscrición: 17€
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips serán entregados o sábado día 20 de novembro de 2021 en EXPOURENSE,
no Stand que RunManiak e o Club Box 001 terán en SPORTUR Galicia, Salón do Deporte e
Turismo Activo, ata as 19:00 h. (unha hora antes da saída da proba).
6. DECLARACIÓN RESPONSABLE
Todos os participantes deberán presentar un documento que atoparan ao final deste
regulamento, ANEXO II, para indicar que nos 14 días previos non percibiu en si mesmo síntomas
compatibles co COVID-19. Terá que cubrir, asinar e entregar este documento impreso á
recollida do seu dorsal. Importante: Sen a entrega do documento non se poderá participar no
evento.
7. ZONA DE QUECEMENTO
O quecemento poderá facerse libremente, respectando aos demais usuarios e cumprindo a
normativa en vigor en referencia á mascara, á distancia de seguridade entre deportistas e á
hixiene de mans.
Non haberá servizo de gardarroupa.
8. MATERIAL OBRIGATORIO
O material obrigatorio, que se poderá controlar total ou parcialmente na saída, percorrido e
meta é o seguinte:
• Dorsal e chip.
• Teléfono móbil operativo.
• Frontal (Entregado pola organización).
9. SAÍDA
Todos/as os/as participantes deberán pasar obrigatoriamente por os corredores de acceso á
zona de saída para o control de dorsal e material obrigatorio.
Dada a normativa sanitaria e protocolo Fisicovid – DXT Galego, a saída realizarase de xeito
escalado, en grupos de 10 e cunha diferenza de 20 segundos por grupo. Ditos grupos quedarán
definidos una vez pechada a inscrición e serán publicados con antelación.
Aqueles/as participantes que non se presenten puntuais á hora indicada para a súa saída
sairán ao final de todos.
Estas medidas poderán ser modificadas, atendendo aos protocolos vixentes no momento de
celebración da proba.
10. PERCORRIDO
MODALIDADE HORA SAÍDA DISTANCIA DESNIVEL +
TRAIL 20:00 +- 18 km. +-700 m.
11. AVITUALLAMENTOS
Líquido no km5 e liquido e sólido no km. 10 aproximadamente.
Líquido e sólido en meta.
12. DESCUALIFICACIÓNS
Será obrigatorio cumprir o protocolo para o desenvolvemento da proba.
Todo/a aquel/a que non o cumpra poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a
competición).
Non se permite:
• Correr xusto tras outro/a participante a unha distancia inferior a 1,5 m.
• Adiantar a outro/a participante a menos de 1,5 metros de distancia lateral.
• Incumprir o protocolo Anti COVID-19 da proba.
• Non levar axeitadamente o dorsal e/ou o chip.
• Non realizar o percorrido completo.
• Manifestar un mal estado físico evidente.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a recibirá unha máscara e deberá retirar o seu
dorsal e abandonar o circuíto inmediatamente.
13. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS
Haberá servizo de ambulancia.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade
Civil” e dun “Seguro de Accidentes”.
14. PECHE DE CONTROL
Establécese un tempo límite para realizar a proba de 3 h.
15. META
Na liña de meta, os/as participantes recibirán unha máscara que deberán colocar tan pronto
como sexa posible.
16. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
17. PREMIOS
Entregarase un trofeo aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
18. NORMATIVA Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de
ser preciso, a normativa RFEA e WA.
ANEXO I – PROTOCOLO ANTI COVID-19
Partindo do protocolo FISICOVID – DXT GALEGO, a continuación, establécense as medidas de
seguridade sanitaria a levar a cabo durante este evento. En primeiro lugar descríbense medidas
de carácter xeral para todos os/as asistentes, e posteriormente, e de forma máis concreta,
establécense medidas específicas clasificadas nos momentos anterior, durante e despois do
evento deportivo.
MEDIDAS XERAIS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO DA COVID-19
• Realizar un auto test antes de ir cara a actividade deportiva, para confirmar se pode
ter síntomas de COVID-19 (febre, tose ou falta de alento). Ante calquera síntoma ou en
caso de sospeita de estar infectado, ou ter estado en contacto con persoas infectadas
ou baixo sospeita de estalo, débese evitar a asistencia ao evento, poñéndose en
contacto de forma inmediata cos servizos sanitarios.
• Non compartir vehículo particular con outras persoas non convivintes, sempre que sexa
posible, para asistir ao evento. De non ser así, empregar formas de desprazamento que
favorezan a distancia interpersoal e, en todo caso, utilizar máscara.
• Manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5 metros entre todas as
persoas antes e durante a proba.
• O uso da máscara é obrigatorio, agás no momento específico da práctica deportiva,
tras recibir a orde do persoal de Organización.
• Cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado ou cun pano desbotable ao toser ou
esbirrar. Neste caso, desbotar de inmediato o pano usado e lavar as mans.
• Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón, ou con xel hidroalcohólico.
• Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e no caso de facelo, prestar atención ao lavado
previo de mans.
• Evitar o saúdo con contacto físico.
• Non compartir alimentos, bebidas ou similares.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO
ANTES DO EVENTO
Staff
• Declararán mediante un consentimento asinado que nos últimos 14 días non tiveron
ningún síntoma de COVID19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou dificultade para respirar)
e que non estiveron en contacto con ningunha persoa positiva en COVID-19 (ANEXO II)
• Cada persoa terá a súa función na montaxe da infraestrutura, evitando compartir
materiais e espazos. Cando existan postos de traballo ou ferramentas compartidas por
máis dunha persoa, estableceranse o lavado de mans e a desinfección das ferramentas
antes e despois do uso, como medidas de seguridade.
• Na condución de vehículos de uso da organización, antes de subir ao mesmo, lavaranse
as mans con hidroxel e desinfectarase o volante, panca de cambios, etc. Levar sempre a
máscara posta, ventilar o vehículo antes e despois do seu uso -se se pode durante-,
evitar o contacto físico e evitar tocar obxectos do vehículo na medida do posible.
Desinfección das partes do vehículo susceptibles de estar en contacto (cinturóns, manillas
das portas, etc.)
Deportistas
• Serán responsables de portar máscara ata o inicio da proba.
• Declararán mediante un consentimento asinado que nos últimos 14 días non tiveron
ningún síntoma de COVID-19 (febre, cansanzo, tose seca e/ou dificultade para respirar)
e que non estiveron en contacto con ningunha persoa positiva en COVID19 (ANEXO II)
Dito documento entregarase cuberto na entrada da zona de presaída.
• O quecemento realizarase nas zonas habilitadas. O uso da máscara será obrigatorio se
non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal.
• No acceso á Zona de Presaída os participantes lavarán as mans con hidroxel.
• Para o acceso á Zona de Presaída, deberán portar máscara desbotable, que se botará
ao lixo xusto antes de iniciar a saída.
• Dentro do espazo da Zona de Presaída os deportistas deberán situarse nos espazos
indicados, respectando a distancia de seguridade e portando máscara.
• Na Zona de Saída os deportistas colocaranse nas referencias indicadas no chan, e xusto
antes de saír botarán a máscara ao lixo.
DURANTE O EVENTO
Staff
• Cada unha das persoas da organización terá unha única función.
Deportistas
• Os adiantamentos deberán realizarse coa separación mínima de 1,5 m. entre
deportistas.
• Os participantes non poderán ir correndo un detrás de outro, deberá manterse unha
distancia mínima de 1,5 metros.
• Os participantes deberán transitar polo marxe dereito do carril habilitado para a
carreira.
• No caso de ser descualificados, o xuíz que comunique dita descualificación, fará
entrega dunha máscara para que o/a corredor/a retire o seu dorsal e abandone o
circuíto.
Público
• Os/as espectadores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal e usar
máscara en todo momento, segundo o establecido polas autoridades competentes.
DESPOIS DO EVENTO
Staff
• Cada persoa terá a súa función na recollida da infraestrutura, evitando compartir
materiais e espazos. Cando existan postos de traballo ou ferramentas compartidas por
máis dunha persoa, estableceranse o lavado de mans e a desinfección das ferramentas
antes e despois do uso, como medidas de seguridade.
• Na condución de vehículos de uso da organización, antes de subir ao mesmo, lavaranse
as mans con hidroxel e desinfectarase o volante, panca de cambios, etc. Levar sempre a
máscara posta, ventilar o vehículo antes e despois do seu uso -se se pode durante-,
evitar o contacto físico e evitar tocar obxectos do vehículo na medida do posible.
Desinfección das partes do vehículo susceptibles de estar en contacto (cinturóns, manillas
das portas, etc.).
Deportistas
• Ao cruzar a liña de meta, cada participante recibirá unha máscara que deberá colocar
tan pronto como sexa posible, e xa non a poderá sacar en ningún momento.
• Unha vez rematada a proba, os/as deportistas, mantendo sempre a distancia de
seguridade interpersoal, recollerán o seu avituallamento e abandonarán a zona de
competición o antes posible.