Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Vilatuxe
03/06/2023
7:00 - 19:00
Voltar
Regulamento
1- DESCRIPCIÓN PROBAS
1.1 As carreiras Ultra Trail, Trail Longo, Trail Curto, Trail 12 K, Pequetrail e Andaina celebraranse o día 3
de xuño de 2023 con saída e chegada dende a praia fluvial do Pozo do Boi de Vilatuxe, e rexeranse
polo presente regulamento.
1.2 O Ultra Trail Desafío Serra do Candán: darase a saída as 7:00 horas; terá un percorrido aproximado
de 64 km e discorrerá por montes das parroquias de Vilatuxe, Zobra, Vilariño e Carballeda,
acumulando un desnivel positivo de 3900 metros aproximadamente, do que resultan uns 7800
metros acumulados.
1.3 O Trail Longo: darase a saída as 8:30 horas; terá un percorrido aproximado de 32 km e discorrerá
por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando un desnivel positivo de 2220 metros
aproximadamente, do que resultan uns 4440 metros acumulados.
1.4 O Trail Curto: darase a saída as 9:30 horas; terá un percorrido aproximado de 17,5 km e discorrerá
polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de 1050 metros aproximadamente, do que
resultan uns 2100 metros acumulados.
1.5 Andaina: Darase a saída as 9:30 horas, a vez que o Trail Curto. os participantes poderán elixir
durante o desenrolo da proba ir polo circuíto de 17,5 km ou polo circuíto de 12 km. O lugar de
elección de un dos dous circuítos estará axeitadamente sinalizado.
1.6 Trail 12 K: sairá as 10:00; Poderá participar tódalas persoas debidamente inscritas con mais de 15
anos de idade (cumpridos no ano en curso).
1.7 O Pequetrail: celebrarase a partir das 16:00;
terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
a) esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
c) xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
2- CATEGORÍAS
CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA: CADETE, XUVENIL, JÚNIOR E SÉNIOR. (ESTABLECIDAS POLA
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO)
2.1 ULTRA TRAIL
Categoría absoluta: a partir de 24 anos o cumpridos o ano de referencia.
o Subcategorías masculina e feminina: veterana A e B.
Subcategoría veterana A:
Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir, que non cumpra os 50 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana B:
Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir, que non cumpra os 60 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana C:
Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
2.2 TRAIL LONGO
Categoría absoluta: a partir de 21 anos cumpridos o ano de referencia.
o Subcategorías masculina e feminina: veterana A e B.
Subcategoría veterana A:
Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir, que non cumpra os 50 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana B:
Masculina e feminina de 50 a 59 anos, é dicir, que non cumpra os 60 anos o
ano de referencia.
Subcategoría Veterana C:
Masculina e feminina a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
2.3 TRAIL CURTO
Categoría júnior: 19-20, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
Categoría absoluta: a partir de 21 anos o cumpridos o ano de referencia.
2.4 TRAIL PROMO
Categoría cadete: 15-16 anos , é dicir, que non cumpra os 17 anos o ano de referencia.
Categoría xuvenil: 17-18, é dicir, que non cumpra os 19 anos o ano de referencia.
Categoría absoluta: a partir de 19 anos cumpridos o ano de referencia.
3- PREMIOS PARA AS DIFERENTES PROBAS
3.1 ULTRA TRAIL:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina;
ademais ás/aos tres primeiros de cada categoría, atendendo ás categorías propias da carreira
especificadas anteriormente.
3.2 TRAIL LONGO:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina;
ademais ás/aos tres primeiros de cada categoría, atendendo ás categorías propias da carreira
especificadas anteriormente.
3.3 TRAIL CURTO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina; ademais de ás/aos tres
primeiros da categoría júnior masculina e feminina segundo as categorías marcadas pola FGM.
3.4 TRAIL PROMO:
Entregarase trofeo aos tres primeiros da clasificación xeral masculina e feminina; ademais de ás/aos tres
primeiros da categoría cadete masculina e feminina e ás/aos tres primeiros da categoría xuvenil masculina
e feminina segundo as categorías marcadas pola FGM.
4 - INSCRICIÓNS E DEVOLUCIÓNS:
4.1 INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse a través da páxina championchipnorte.com.
O prazo de inscricións comezará o luns 19 de decembro ás 22:30h ata o luns 29 de maio as 23:59 h.
Haberá tres tramos de prezos para as inscricións nas catro probas con un desconto para os federados. Os prezos e tramos son os seguintes
DISTANCIA DENDE APERTURA ATA O 9 DE
ABRIL
DENDE O 10 DE ABRIL ATA O 30 DE
ABRIL
DENDE O 1 DE MAIO ATA O 29 DE
MAIO
FEDERADOS NON FEDERADOS FEDERADOS NON FEDERADOS FEDERADOS NON FEDERADOS
ULTRA 60€ 63€ 66€ 69€ 72€ 75€
TRAIL LONGO 30€ 33€ 33€ 36€ 36€ 39€
TRAIL CURTO 25€ 28€ 27€ 30€ 30€ 33€
TRAIL PROMO 15€ 18€ 17€ 20€ 20€ 23€
ANDAINA 15€ 18€ 17€ 20€ 20€ 23€
* Os federados deberán presentar a ficha acreditativa xunto co DNI no momento da recollida do dorsal.
* Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil,
bolsa do corredor, avituallamentos, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
* Para os participantes da categoría cadete a inscrición será gratuíta pero deberán formalizar a mesma a
través da plataforma.
* No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase online na plataforma de inscrición, ou tamén o mesmo día da carreira entre as 14:00 e as 16:00 no local de entrega de dorsais.
4.2 DEVOLUCIÓNS:
Existen tres tramos de datas no evento. Os importes a reembolsar en cada prazo especifícanse a continuación:
o Dende a apertura de inscricións ata o 28 de febreiro: 70% do total da inscrición
o Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 50% do total da inscrición
o Dende o 1 de maio ata o día da proba: non se realizarán devolucións
Unha vez que se tramita a baixa, o corredor recibirá o importe correspondente segundo o tramo de
cancelación. Dito pago, será realizado na mesma conta dende a que se realizara a inscrición
Sempre que un/ha corredor/a tramite a baixa e correspondente devolución, estará renunciando ós
agasallos e privilexios que a propia inscrición lle outorgaba.
O dorsal é persoal e intransferible. Si a organización detecta algún/ha corredor/a facendo uso dun
dorsal doutra participante, procederase a correspondente sanción a ámbolos dous corredores/as.
5- OBSERVACIÓNS:
5.1- SINALIZACIÓN E CONTRÓIS
O percorrido estará sinalizado con bandeirolas vermellas co logo da proba.
Tamén se empregarán cintas para cortar os cruces, así como indicadores verticáis das diferentes
distancias e direccións.
5.2- TEMPOS DE PASO
Km LUGAR TEMPO HORA
13 BUSTELOS 2H30’ 09:30
28 TRIGUEIRA 6H 13:00
39 ZOBRA (PRIMEIRO PASO) 8H30’ 15:30
58 MOA 10H30’ 17:00
64 META 12H 19:00
Os corredores que non acaden os contróis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que
nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura.
Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control, terán potestade para retirar
da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e
facer entrega do dorsal.
5.3- AVITUALLAMENTOS
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de reducir ao máximo os
residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se dispensarán vasos a os participantes.
Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte
modo:
ULTRA TRAIL TRAIL LINGO TRAIL CURTO TRAIL PROMO ANDAINA
BUSTELOS 6/13 km 6 km 6 km 6km
AMEIXEDO 22.5 km 11 km
TRIGUEIRA 28 km 15 km
ZOBRA 39/50 km 20 km
MOA 58 km 27 km 12 km 7 km
META 64 km 32 km 17 km 12 km
5.4- RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que desexe retirarse ó longo da proba, poderá facelo en calquera dos puntos de
avituallamento, sempre e cando o seu estado físico llo permita.
No caso de non poder achegarse a un punto de avituallamento, o/a corredor/a deberá porse en
contacto coa organización mediante o número de teléfono incluído no dorsal, ou ven mediante
aviso doutro corredor.
Será motivo de descalificación , desfacerse de refugallos fora das zonas de avituallamento.
Será motivo de descalificación, o non cumprimento de calquera dos puntos deste regulamento.
Será motivo de descalificación, calquera comportamento incívico, tanto co entorno como co diferente persoal da proba.
Será motivo de descalificación, non portar de maneira visible o dorsal suministrado por a organización
6- OBSERVACIÓNS:
a. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento
para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización
considere oportuno executar.
b. Tódolos temas aclarados neste regulamento, son os que rixen sobre a proba. Para o resto de temas
normativos, aplicarase o regulamento vixente da FGM.
c. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas durante o transcurso
da proba.
d. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible,
manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.
e. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función
dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o
obrigan ou por forza maior.
f. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
g. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están
obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
h. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando
totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad
ou similar polo circuíto.
i. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
j. Existe un período de reclamación de 30 minutos, dende a publicación de cada categoría. Durante
este período tamén se poderá asignar a unha persoa sustituta, no caso de non poder asistir a entrega de premios.
k. Non será posible recoller nin reclamar posteriormente un premio si o beneficiario se ausenta da
entrega sen previa xustificación, e sen asignar un sustituto.
l. No caso de non presentación e non xustificación da ausencia na entrega de premios, dito corredor/a perderá automáticamente a clasificación na súa categoría, pasando inmediatamente o/a seguinte en orde.
m. Os premios das diferentes categorías da proba, non serán acumulables.
Voltar