Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Baralla
09/07/2023
10:30 - 12:30
Voltar
Regulamento
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Baralla, o Concello de O Corgo e a Asociación Cultural Vía
Künig organizan a II Carreira CORRENDO POLA VÍA KÜNIG.
A proba organizarase o Domingo 9 de Xullo, con saída dende a Casa do Concello de
Baralla e meta no Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías e horarios: (adxúntase plano do percorrido)
O circuito de 18 km será sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por
vehículos da organización. A saída será dende a Casa do Concello de Baralla e a meta no
Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de
autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do
Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira
coma ao finalizar a mesma.
O servicio de autobuses comezará ás 09:00, sendo o último servizo ás 09:45h
HORARIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
SENIOR 18 a 34 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER A 35-44 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER B 45-54 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER C 55 anos en adiante 10:30 h 18 km
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 120’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina de CHAMPIONCHIPNORTE
https://ccnorte.com/ Os dereitos de inscrición terán un custe de 5€ ata o 28 de xuño, e
de 10€ do 29 de xuño ao 4 de xullo.
Artigo 6: Condicións de Participación:
A inscrición pecharase o martes 4 de xullo ás 23:59 horas.
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, adecisión quedará en
man da organización.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o chip e o dorsal ou a manipulación dos mesmos.
Falsificar datos persoais.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A
Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba na praza maior do
Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.
Artigo 8: Premios:
Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro/a: 150 €
- Segundo/a: 100 €
- Terceiro/a: 75 €
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculinos e femininos.
Trofeo conmemorativo a primeiro/a clasificado/a empadroad@s nos Concello do
Corgo e de Baralla.
A ceremonia de premiación será ás 12:50h na zona de meta.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Servicio de Buses dende a zona de meta á saída tanto antes do comezo da carreira
como ao finalizar a mesma.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Aperitivos ao finalizar á carreira.
6. Recollida anticipada de dorsais, imperdíbeis e chips.
7. Vestiarios e duchas no Campo Municipal de Fútbol do Corgo (a 750m da meta)
8. Avituallamento líquido e sólido ao final de cada carreira para todos os participantes.
9. Avituallamento líquido nos kms 7 e 13 aprox.
10. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Voltar