Calendario
Info da proba

Villagarcía

29/07/2023 22:30 - 24:00
Regulamento XIX EDICIÓN DA CARRERIA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA
REGULAMENTO
Art.1.- A Fundación de Deportes organiza a XIX Edición da Carreira Nocturna Concello de
Vilagarcía o sábado 29 de xullo do 2023; baixo o control técnico da Federación Galega de
Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.
Art. 2.- Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada a
cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e tamén por control de chips a
través de Championchip.
Art. 3.- CATEGORÍAS , DISTANCIAS E HORARIOS DE SAÍDAS.
Poderán participar na mesma todas as persoas que queiran independentemente do sexo e
idade, segundo as categorías que a continuación se establecen, tanto masculina como
feminina:
CATEGORÍA ANO DISTANCIAS SAÍDA
Sub 6 2018 e posteriores 100 m 21:00
Sub 8 2016 - 2017 500 m 21:15 Sub 10 2014 - 2015
Sub 12 2012 - 2013 1000 m 21:30 Sub 14 2010 - 2011
Sub 16 2008 - 2009 1800 m 21:45
Sub 18 2006 2007
10.000 METROS 22: 30 HORAS
Sub 20 2004 - 2005
Sub 23 2003, 2002, 2001
Senior 2000 1987
Máster A 1986 - 1979
Máster B 1978 - 1969
Máster C 1968 e anteriores
*As distancias son orientativas e non homologadas.
Art. 4.- LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio municipal.
Marcaránse as saídas en distintos puntos do percorrido en función da distancia que teña que
percorrer cada categoría.
O percorrido por onde se vai a levar a cabo a devandita carreira será polas seguintes rúas:
Avda. da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Peirao de Pasaxeiros, Rúa Valle Inclán, García de
Caamaño, Alexandre Bóveda, Elipidio Villaverde e Avda. da Mariña.
Art. 5 .- INSCRICIÓN
A inscrición para a proba realizarase dende o día 7 de xullo na páxina web
www.championchipnorte.com ata as 23:59 h do 27 de xullo do presente ano.
A inscrición para a proba absoluta terá unha cota de inscrición de 5,00€ por participante +
1,00 € de aluguer de chips. A inscrición nas outras probas será gratuíta.
A inscrición na proba absoluta estará limitada a 350 participantes, os cales serán os 350
primeiros inscritos. Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de
modificación, a cota de inscrición só será devolta aos inscritos no caso de ausencia por
motivos médicos xustificados.
A inscrición nas categorías de sub6, sub8, sub10, sub12, sub14 e sub16 será gratuíta a través
de www.championchipnorte.com dende o día 7 de xullo ata as 23:59 h do 27 de xullo do
presente ano.
Art. 6.- PREMIOS
A entrega de trofeos da proba absoluta realizarase a partir das 23:30 horas na zona de SaidaMeta no explanada do Auditorio Municipal. As outras categorías iranse entregando segundo
van rematando.
Todos os atletas premiados cumprirán estrictamente as indicacións da organización e os
protocolos establecidos para recoller os trofeos.
Os premios que se entregarán aos participantes da proba serán os seguintes:
• Medallas para todos os participantes das categorías sub6, sub8, sub10, sub12, sub14 e
sub16.
• Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminina) a
partir da categoría sub8.
• Trofeo para os tres primeros clasificados/as absolutos masculino e femenina.
• Trofeo para os tres clasificados locais masculino e femenina da proba absoluta.
• Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.
• Camiseta conmemorativa aos participantes da proba absoluta.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellores locais.
Art. 7.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
No Auditorio Municipal o día 29 de 11:00 a 14:30 horas e pola tarde dende ás 18:00 ata 45
minutos antes de cada proba por categoría, na secretaría da organización.
A organización con antelación suficiente facilitará a cada participante as instrucións para a
recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos
soportes dixitais que a organización empregue para a promoción e información do evento.
Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de forma
totalmente visible durante toda a proba. O incumprimento desta norma poderá ser motvo de
descualifcación.
Art. 8.-DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
Na proba absoluta o control de chegada pecharase 30 minutos despois da entrada do
primeiro corredor, quedando descalificados os que entren a posteriori de ese tempo
estipulado.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou
cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 9.- RECLAMACIÓNS.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuiz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ART.10. RESPONSABILIDADE.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba. A
organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as persoas
participantes polas súas imprudencias ou neglixencias.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as
incidencias inherentes a proba.
ART.11. LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.
Todos/as os/as corredores/as, incluidos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan
e autorizan á organización á publicación do seu nome, da súa imaxe e videos nas
clasifcacións, nos medios de comunicación e en internet ou noutro medio de difusión.
Art. 12.- SERVIZOS.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.
Asemade contarase co servizo de ambulancia medicalizada.
Próximo ao circuito contase con espazo de parking gratuíto onde estacionar os vehículos dos
participantes.
Disporase dun servizo de gardarroupa.
Art. 13.- O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente
regulamento. Todos os inscritos fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu
descoñecemento non exime do seu cumprimento.
Art. 14.- Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento
de FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Ofcial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición a persoa participante consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e responsabilidade civil así como a xestión da licenza de
día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso, e tal e como establece a Lei de
protección de datos persoais, a persoas interesada pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectifcación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico a
Federación Galega de Atletismo (avda. de Glaegow, 13, 15008, A Coruna).
A ORGANIZACIÓN: FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVIZO DEPORTIVOS MUNICPIAS DO
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA